Pobo mohave
| Pobo mohave | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mosa, rapaza mohave en 1903, fotografada por Edward Curtis. | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Subclase de
| |||||||
|
Relacionados
| |||||||
| |||||||
| Rexións principais | |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
Os mohave[1] (en mohave: Aha Makhav) son un pobo de nativos americanos de Arizona que habitan a carón do río Colorado e o deserto de Mohave. Están divididos en dúas reservas, a reserva india Fort Mojave, que inclúe territorio entre os estados de California, Arizona e Nevada, e a das Tribos indias do río Colorado, que tamén conta con membros dos pobos chemehuevi, hopi e navagho.
As reservas orixinais do río Colorado e de Fort Mojave foron estabelecidas en 1865 e 1870, respectivamente.
Lingua
[editar | editar a fonte]A lingua mohave pertence á póla do río da familia das linguas yuma. En 1994, arredor de 75 persoas das reservas falaban a lingua, de acordo coa lingüista Leanne Hinton. A tribo ten publicado materiais escritos, e existen renovados esforzos por ensinar a lingua ós nenos.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición de mohave* no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ "Mohave." Ethnologue. Consultado o 11 de abril de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo mohave |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Devereux, George. 1939. "Mohave Culture and Personality". Character and Personality 8:91-109, 1939.
- Devereux, George. 1938. "L'envoûtement chez les Indiens Mohave. Journal de la Société des Americanistes de Paris 29:405-412.