Linguas síux

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Linguas síux-catawba
Falado en: Centro de norteamérica
Total de falantes: ~32 927 (Anos 1990)
Familia: Macro-sioux (?)
 Linguas síux-catawba
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status

As linguas síux-catawba (tamén coñecidas simplemente como linguas síux)[1] son unha familia de linguas indíxenas norteamericanas. O grupo é o segundo máis falado de linguas nativas nos Estados Unidos, despois das linguas algonquianas.

O nome do estado de Minnesota é síux e significa 'augas azul celeste'.

Clasificación interna[editar | editar a fonte]

As clasificacións da maioría dos autores coinciden en recoñecer claramente catro subgrupos dentro das linguas síux:

  • O subgrupo do val do Missouri (crow, hidatsa)
  • O subgrupo mandan (mandan)
  • O subgrupo suroriental (tutelo, ofo-biloxi)
  • O subgrupo do val do Mississippi (rama dhegiha, chiwere, winnebago, dakota)

En canto á agrupación destes grupos a cuestión está aberta a debate. Robert K. Headley (1971) sobre unha base glotocronolóxica propuxo a seguinte árbore para as linguas síux-catawba:

Proto-SC 
Proto-catawba 




Woccon (†)









Catawba (†, 1960)









 Proto-síux 








Subgrupo Mississipi





Suroriental 




Tutelo (†)









Biloxi-Ofo





















Mandan





Missouri 




Crow









Hidatsa





















Á parte da conta estatística non existen outras evidencias que suxiran que esta agrupación interna é correcta, aínda que o proxecto de comparación sistemática ASJP reproduce unha árbore idéntica ao anterior ademais de detallar a estrutura do subgrupo Mississippi que é a seguinte:[2]

S. Mississipí 








winnebago













lakota













lakhota









assiniboine

























iowa-oto













omaha-ponca













quapaw









osage





















Número de falantes[editar | editar a fonte]

O seguinte é un cálculo do número de falantes destas linguas:[3]

  • A. Familia catawba
    • Catawba (extinta)
  • B. Familia síux
    • Síux central
      • Grupo Mandan
        • Mandan (~ 6 en 1992)
      • Grupo do Misisipi
        • Chiwere
          • Iowa-Oto (70 en 1997)[4]
        • Dakota
          • Assiniboine (1 000 en 1980); (150-200 en 1997)[5][4]
          • Dakota (19 000 en 1997); (19 228 en 2001); (19 000 en 2002); (~ 26 000 en 2008)[4][6][7]
          • Lakota (6 000-6 390 en 1997)[4]
          • Stoney (1 000-1 500 en 1997); (2 300 en 2001)[4]
        • Dhegiha
          • Kansas (~ 19 1990)
          • Omaha-Ponca (1 000 en 1980); (85 en 1986)[5]
          • Osage (~ 5 en 1992)
          • Quapaw (~ 34 en 1990)
        • Winnebago
          • Ho-Chunk ou Hocąk (4 000 en 1980); (230-1500 en 1997); (~ 11 en 2004)[5][4]
    • Val do Missouri
      • Crow (~ 3500 en 1980); (4 280 en 1990); (5 500 en 1997)[5][4]
      • Hidatsa (~ 100 en 1986); (125 en 1997)[4]
    • Sueste
      • Grupo Biloxi-Ofo
        • Biloxi (ext.)
        • Ofo (ext.)
      • Grupo Tutelo (ext.)

Historia[editar | editar a fonte]

As linguas síux faláronse nas rexións central e suroriental de Norteamérica. Dende os Grandes Lagos ata as Montañas Rochosas están as linguas winnebago, dakota (con dialectos coma o santee, yankton, yanktonai(s), teton (chamado tamén lakhota ou lakota), assiniboine e stoney (sendo chamados todos nakota menos santee e teton), mandan, hidatsa e crow. No centro dos Estados Unidos fálanse dhegiha (quapaw, kansa, osage e omaha-ponca) e chiwere (iowa, oto e a extinta missouri). No sueste dos Estados Unidos hai documentación de tres linguas síux extintas: tutelo, oto e biloxi.

Outras linguas sioux falábanse no que agora é Virxinia, Carolina do Norte e Carolina do Sur, cando os europeos chegaron alí.

No censo de 1981, en total había 2 975 persoas no Canadá que falaban linguas sioux como linguas maternas.

Relacións con outras familias[editar | editar a fonte]

O parente máis próximo das linguas sioux é o catawba, falado sobre a costa leste de Norteamérica. Fóra deste parentesco probado co catawba mostráronse algunhas evidencias de que poderían gardar unha relación remota coas linguas iroquesas e as linguas caddoanas.[8] Estas evidencias refírense basicamente á morfoloxía verbal, aínda que non puideron establecerse longas listas de cognados ás que se puidese aplicar o método comparativo e demostrar convincentemente o parentesco. Á hipotética macrofamilia polo grupo sioux-catawba, o iroqués e o caddoano, coñécella como hipótese macro-sioux.

Sapir e algúns outros autores foron máis aló e propuxeron unha relación entre a hipotético macro-síux (síux, caddoano, iroqués) e as linguas hokanas. Esta superagrupación hokano-sioux incluiría hipoteticamente os grupos xeograficamente adxacentes como o yuchi, o natchez e o muskogee e como as linguas do grupo macro-síux xeograficamente non adxacentes. A maioría de americanistas consideran espuria esta relación de longo alcance, e xulgan que a evidencia de apoio é extremadamente débil e decididamente pouco convincente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para síux.
  2. "ASJP - World Language Tree 03" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de xullo de 2010. Consultado o 30 de xullo de 2010. 
  3. Ethnologue report for Siouan
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 Lyovin, 1997: 316
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Kenneth Katzner (1986) [1977]. The Languages of the World. Londres: Routledge, pp. 359-360. ISBN 0-7102-0861-8.
  6. Katzner, 2002: 343; 366
  7. Austin, 2008: 206
  8. Chafe, 1973, 1976.