A lingua lakota (tamén chamada lakhota, teton, teton sioux) é unha lingua síux falada pola tribo síux dos lakota. É considerada unha lingua separada, malia que é mutuamente intelixible con outras dúas linguas (cf. dakota occidental e oriental), e é considerada por moitos lingüistas unha das tres variedades da lingua síux. A lingua lakota é o idioma dunha das maiores comunidades lingüísticas nativo americanas dos Estados Unidos, con aproximadamente 6.000 falantes. A maioría deles viven nos estados das grandes chairas, en Dacota do Norte e Dacota do Sur.[1] O lakota está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[2]
Junior Garcia, un activista e mestre da Nación Lakota, falando a lingua.
Foi usada por primeira vez na escritura por misioneiros cara ao ano 1840, e dende entón evolucionou para reflectir as necesidades e usos contemporáneos.
O lakota ten cinco vogais orais, /i e a o u/, e tres vogais nasais, /ĩ ã ũ/ (foneticamente [ɪ̃ ə̃ ʊ̃]). O /e/ e o /o/ son máis abertos que as vogais cardinais correspondentes, máis achegado ó [ɛ] e ó [ɔ]. Ortograficamente, as vogais nasais son escritas ⟨ƞ⟩, ⟨ŋ⟩ ou ⟨n⟩; historicamente, eran escritos con ogonek, ⟨į ą ų⟩.[3]
↑Lakota. Versión en liña de: Gordon, Raymond G., Jr. (ed.), 2005. Ethnologue: Languages of the World (15th ed.). Dallas: SIL International. Consultado o 16 de maio de 2009.
Ullrich, Jan, with Black Bear, Ben, Jr. (2016). Lakota Grammar Handbook. Lakota Language Consortium. ISBN978-1-941461-11-2.
Ullrich, Jan. (2008). New Lakota Dictionary. Lakota Language Consortium. ISBN0-9761082-9-1.
Buechel, Eugene. (1983). A Dictionary of Teton Sioux. Pine Ridge, SD: Red Cloud Indian School.
DeMallie, Raymond J. (2001). "Sioux until 1850". In R. J. DeMallie (Ed.), Handbook of North American Indians: Plains (Vol. 13, Part 2, pp.718–760). W. C. Sturtevant (Gen. Ed.). Washington, D.C.: Smithsonian Institution. ISBN0-16-050400-7.
de Reuse, Willem J. (1987). "One hundred years of Lakota linguistics (1887-1987)". Kansas Working Papers in Linguistics, 12, 13-42. Versión en liñaArquivado 12 de xuño de 2007 en Wayback Machine..
de Reuse, Willem J. (1990). "A supplementary bibliography of Lakota languages and linguistics (1887-1990)". Kansas Working Papers in Linguistics, 15 (2), 146-165. (Studies in Native American languages 6). Versión en liñaArquivado 25 de xuño de 2010 en Wayback Machine..
Parks, Douglas R.; & Rankin, Robert L. (2001). "The Siouan languages". In Handbook of North American Indians: Plains (Vol. 13, Part 1, pp.94–114). Washington, D.C.: Smithsonian Institution.
Trechter, Sarah. (1999). "Contextualizing the Exotic Few: Gender Dichotomies in Lakhota". In M. Bucholtz, A.C. Liang, e L. Sutton (Eds) Reinventing Identities (pp.101–122). Nova York: Oxford University Press. ISBN0-19-512629-7