Saltar ao contido

Bisonte americano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bisonte americano
Bison bison
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
 Nome común
American bison (en)  
bisonte americanu (ast)  
bisonte americano (es)  
bizon amerykański (pl)  
American Bison (en)  
Amerikanischer Bison (de)  
Bison d'Amérique (fr)   Editar o valor en Wikidata
Vista no inverno
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Ten o papel
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
 Sinónimo taxonómico
Características
 Caracterizado por
 Cor
 Fonte de
 Subdivisións
 Sinonimia
Bos americanus
Bos bison
Bison americanus
Bison bison montanae
 Conservación
Especie case ameazada
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeArtiodactyla
FamiliaBovidae
XéneroBison
EspecieBison bison Editar o valor en Wikidata
(Linnaeus, 1758) Bison bison Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
20 peso de nacemento
2.800 lb Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
   1 Editar o valor en Wikidata
 Duración máxima da vida
   33,5 a Editar o valor en Wikidata
 Período de xestación
   285 d Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Usado por
Datas
 Data de comezo
hai 10.000 anos Editar o valor en Wikidata
Localización
 Orixinario de
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/0d6kf Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2909464037 Editar o valor en Wikidata
UNIICQ1SUE46N0 Editar o valor en Wikidata
ITIS180706 Editar o valor en Wikidata
OTT907693 Editar o valor en Wikidata
UICN2815 Editar o valor en Wikidata
CoLLWY6 Editar o valor en Wikidata
EOL328109 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 URL de xenoma secuenciado
Wikidata G:Commons C:Commons
bisonte americano

O bisonte americano (Bison bison), tamén denominado erroneamente búfalo,[1] é unha especie de gran mamífero artiodáctilo da familia dos bóvidos (Bovidae).

Características

[editar | editar a fonte]

O bisonte americano ten unha lonxitude de até 3 m, e unha alzada de até 1,90 m de altura na cruz, e un peso de 450 a 1.350 kg. A súa pelaxe é mesta, de cor parda escura durante o inverno, e máis liviá e de cor parda clara durante o verán. Tanto os machos como as femias teñen pequenos cornos curvos, que usan como defensa e para loitar, os machos, na época de celo.[2] O cornos son menos prolongados que os do bisonte europeo.[3]

Animación dun bisonte de 1887. Fotos de Eadweard Muybridge.

A mediados do século XIX ocupaban unha ampla zona de Norteamérica, nas planicies do norte de México, os Estados Unidos e o Canadá, desde o Gran Lago do Escravo (nos Territorios do Noroeste, no Canadá) até México, e desde o leste de Oregón até os montes Apalaches, formando grandes rabaños de até 100.000 individuos no inverno.[4]

A colonización do Oeste americano levouno ao bordo da extinción, recuperándose posteriormente algo a súa poboación, que vive hoxe protexida en Parques Nacionais e Reservas, en estado de semidomesticidade.[5]

Reintroduciuse nas planicies do norte de México, esperándose unha pronta recuperación da especie onde adoitaba pastar en séculos anteriores.[6]

Distínguense dúas subespecies: o bisonte de planicie (Bison bison bison) e o bisonte de bosque (Bison bison athabascae) do Canadá.

O bisonte americano na cultura nativa

[editar | editar a fonte]
Bisonte americano.

Até o século XVII o bisonte americano percorría plácida e abundantemente os territorios do norte do continente norteamericano. O chamado coloquialmente búfalo era venerado por moitas das tribos nativas. Nalgunhas nacións indíxenas a caza deste animal era acompañada dun gran respecto e admiración polas súas calidades e en agradecemento por todos os beneficios que achegaba. Dise que no momento da morte do bisonte o cazador amerindio acercábase a inhalar o seu último alento como forma de absorber espiritualmente as súas virtudes. Foi coñecido como "dador de vida", pois todo deste animal era utilizado.

Bisonte americano no dólar American buffalo (2001)

Os usos incluían alimentación, abrigo, indumentaria relixiosa, combustíbel (secábanse as dexeccións ao sol) e materiais de construción (as peles usábanse, ademais de para vestir, para construír as tendas). O bisonte albino ou búfalo branco é unha deidade, aínda presente no século XXI; por exemplo, entre os síux e os lakota, os líderes espirituais están atentos para excluílos da cacería, pois é un ser respectado, venerado e admirado de acordo coa lenda da "Muller Búfalo", de Dakota.

Á chegada dos españois a América era tal a cantidade de bisontes que os conquistadores encontraron nas grandes praderías norteamericanas, que chamaron á extensa rexión limitada polas Montañas Rochosas ao oeste, e os montes Apalaches ao leste, "Llanos de Cíbola",[7] e foi a esa rexión á que se dirixiu Francisco Vázquez de Coronado en busca das míticas Sete Cidades de Cíbola.

A matanza do bisonte e o seu regreso ás grandes chairas

[editar | editar a fonte]
Cerca do exterminio: montaña de cranios de bisonte (ca. 1870). Os seus ósos pulverizados vendíanse como fertilizante.

A cacería do bisonte americano precipitouse despois da chegada dos ingleses á costa leste do continente, pois o valor das peles era bastante elevado e funcionou como un catalizador para a matanza de miles de animais.

Cando as nacións nativas foron desprazadas, o bisonte americano foi masacrado até case a súa extinción no século XIX, quedando só 750 espécimes contra 1890.[8]

O Parque zoolóxico do Bronx, Nova York, Estados Unidos, mantivo unha das mandas sobreviventes, a partir da cal restablecéronse pequenas poboacións no Parque Nacional de Yellowstone e noutras reservas naturais. A actual poboación de bisontes americanos é de aproximadamente 350.000 exemplares, cando a poboación estimada antes da chegada de Colón a América era de 60-100 millóns de cabezas.

Hoxe en día, máis de 250.000 (dos 350.000 bisontes que quedan) críanse para consumo humano. A súa carne ten menos graxa e colesterol que a carne de vacún.

O ano 2009 o goberno dos Estados Unidos doou crías e algúns exemplares adultos ao goberno mexicano para a súa reintrodución neste país (un total de 23 bisontes, 20 femias e 3 machos, provenientes de Dakota do Sur e Colorado. A día de hoxe, a Área natural protegida El Uno en Janos, Chihuahua conta con bisontes en completa liberdade, dos que 43 xa naceron na reserva.[9]

O bisonte americano é o mamífero emblema do estado norteamericano de Wyoming.

  1. Véxase Bisonte.
  2. The Penny Cyclopædia of the Society for the Diffusion of Useful Knowledge por Society for the Diffusion of Useful Knowledge (Gran Bretaña), publicado por C. Knight, 1835.
  3. Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9, p. 442.
  4. "Bison bison range map; American Bison". Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2009. Consultado o 11 de maio de 2012.
  5. Kowalski, Op. cit.
  6. "Regresan los bisontes a Chihuahua". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2010. Consultado o 11 de maio de 2012.
  7. Cíbolo, feminino cíbola', era unha denominación castelá antiga para bisonte.
  8. Datos do IUNC, 2008.
  9. "Liberan bisontes en Janos, Chihuahua.". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2012. Consultado o 17 de agosto de 2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Fagan, Brian M. (2005): Ancient North America. 4ª ed. Londres: Thames & Hudson. ISBN 978-0-500-28532-9.
  • Koller, Larry (1959): Fireside Book of Guns. Nova York: Simon and Schuster.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]