Linguas atapascanas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As linguas atapascanas é o nome dun grupo de linguas indíxenas, faladas polas tribos coñecidas como atapascas ou atabascas, localizados en dous grupos principais, un no sur de Norteamérica, e o outro no noroeste do continente; e entón designase así tamén á súa familia lingüística. A familia atapascana é unha das maiores familias lingüísticas de América do Norte, polo número de idiomas que agrupa e o número dos seus falantes —a familia uto-azteca, que se extende por México ten máis parlantes—. En tamaño de territorio, só as linguas álxicas cobren unha maior área.

A verba atapascano provén do nome cree, aðapaskāw (onde hai plantas unhas tras outras), en referencia ao lago Athabasca, no Canadá. O nome púxollo Albert Gallatin na súa clasificación de 1836 sobre as linguas do norte de américa, escribindo explicitamente que fora unha denominación arbitraria.

Linguas[editar | editar a fonte]

As 31 linguas atapascanas do norte fálanse no interior de Alaska e o noroeste de Canadá, no Iukón dos Territorios do Noroeste, así como nas provincias canadenses de Columbia Británica, Alberta, Saskatchewan e Manitoba. Varios idiomas atapascanos son idioma oficial nos Territorios do Noroeste, entre elas a lingua chipewyan, o dogrib, o idioma gwich'in e o slave.

As sete linguas atapascanas da costa do Pacífico son faladas no sur de Oregón e o norte de California. Illadas das linguas da costa e das do norte, as seis linguas do sur, incluíndo aos diferentes grupos apache e navaho, son faladas no suroeste americano e na parte noroeste de México.

O eyak e as linguas atapascanas forman unha agrupación xenética chamada atapascano-eyak. A lingua tlingit está algo relacionada con este grupo, formando a agrupación de linguas na-dené (tamén coñecidas como atapascano-eyak-tlingit).

Clasificación[editar | editar a fonte]

División xeral[editar | editar a fonte]

A familia de linguas atapascanas ten tres principais agrupamentos xeográficos: o Norte, a Costa do Pacífico, e o Sur. Discútese se as linguas da Costa do Pacífico forman realmente unha agrupación xenética válida. O grupo setentrional é particularmente problemático, moito máis que o sur, onde as linguas son moitos máis homoxéneas. Non están definidos ben os subgrupos, agás as do Sur, polo que o modelo de clasificación pode ser incorrecto.

A continuación móstrase un esbozo de clasificación de Keren Rice de 1999.

  1. Alaska Sur
  2. Alaska-Yukón Central
  3. Canadá Noroeste
  4. Tsetsaut
  5. Columbia Británica Central
  6. Sarsi
  7. Kwalhioqua-Tlatskanai
  8. Atapascano da Costa do Pacífico
  9. Apache

As ramas 1 e 7 son o grupo do Norte. Kwalhioqua-Tlatskanai considerouse parte da Costa do Pacífico, pero unha recente revisión por parte de Krauss non a atopa cercana a esas linguas.

Unha clasificación diferente, formulada por Jeff Leer, é a seguinte (Tuttle & Hargus 2004:72-74):

  1. Alaska (Ahtna, Dena’ina, Deg Hit’an, Koyukon, Kolchan, Tanana Baixo, Tanacross, Tanana Alto, Gwich’in, Han)
  2. Yukón (Tsetsaut, N. Tutchone, S. Tutchone, Tagish, Tahltan, Kaska, Sekani, Dunneza)
  3. Columbia Británica (Babine-Witsuwit’en, Dakelh, Chilcotin)
  4. Este (Dene Suline, Slave, Dogrib)
  5. Sur (Tsuut’ina, Apache, Costa do Pacífico)


Atapascano meridional[editar | editar a fonte]

  • Subgrupo Alaska sur
1. Ahtna
2. Dena’ina (tamén chamada tanaina)
  • Alaska Central – Subgrupo Yukón
3. Deg Hit’an (tamén chamada ingalik, deg xinag)
4. Holikachuk (tamén chamada innoko)
5. Koyukon
6. Kolchan (tamén chamada kuskokwim alto)
7. Tanana Baixo (tamén chamado tanana)
8. Tanacross
9. Tanana alto
10. Tutchone sur
11. Tutchone norte
12. Gwich’in (tamén chamada kutchin)
13. Hän (tamén chamada han)
  • Subgrupo Canadá Noroeste
A. Tahltan-Tagish-Kaska
14. Tagish
15. Tahltan
16. Kaska
17. Sekani
18. Dunneza (tamén chamada beaver)
B. Slave-Hare (slave norte e sur)
19. Slave
20. Mountain
21. Bearlake
22. Hare
23. Dogrib
24. Dene Suline (tamén coñecidas como lingua chipewyan)
  • Subgrupo tsetsaut
25. Tsetsaut
  • Subgrupo Columbia Británica Central
26. Babine
27. Dakelh
28. Chilcotin (tamén chamada como tsilhqot’in)
29. Nicola (tamén chamada stuwix)
  • Subgrupo sarsi
30. Tsuut’ina (tamén chamada sarcee, sarsi, tsuu t’ina)
  • Subgrupo kwalhioqua-clatskanie
31. Kwalhioqua-Clatskanie (tamén kwalhioqua-tlatskanie)

Atapascano da Costa do Pacífico[editar | editar a fonte]

  • Subgrupo atapascano de California
32. Hupa (tamén chamada hoopa-chilula)
33. Mattole-Bear River
34. Eel River
  • Subgrupo atapascano de Oregón
35. Upper Umpqua
36. Rogue River (tamén chamada tututni)
37. Galice-Applegate
38. Tolowa

Atapascano meridional (tamén coñecido como apache)[editar | editar a fonte]

  • Subgrupo apache das chairas
39. Apache das chairas (tamén denominada kiowa-apache)
  • Subgrupo apache occidental
A. Chiricahua-Mescalero
40. Chiricahua
41. Mescalero
42. Lingua navajo (tamén chamada dinébizaad)
43. Apache occidental (tamén coñecida como apache colloteiro (de coyote)
  • Subgrupo apache este
44. Jicarilla
45. Lipán

Lista xeográfica[editar | editar a fonte]

Debaixo segue unha lista coas linguas atapascanas e a súa localización xeográfica.

  • Alaska: ahtna, deg hit’an, dena’ina, gwich’in, hän, holikachuk, kolchan, koyukon, tanana baixo, tanacross, tsetsaut, tanana alto
  • Yukón: gwich'in, hän, kaska, mountain, tagish, tutchone norte, tutchone sur, tanana alto
  • Territorios do Noroeste: bearlake, dene suline, dogrib, gwich’in, hare, mountain, slave
  • Nunavut: dene suline
  • Columbia Británica: babine, bearlake, beaver, chilcotin, dakelh, hare, kaska, mountain, nicola, sekani, slave, tagish, tahltan, tsetsaut
  • Alberta: beaver, dene suline, slave, tsuut’ina
  • Saskatchewan: dene uline
  • Washington: chilcotin, kwalhioqua-clatskanie (willapa, suwal), nicola
  • Oregón: applegate, clatskanie, galice, rogue river (chasta costa, euchre creek, tututni, coquille alto), tolowa, umpqua alto
  • Norte de California: eel river, hupa, mattole-bear river, tolowa
  • Utah: navajo
  • Colorado: jicarilla, navajo
  • Arizona: chiricahua, navajo, apache occidental
  • Novo México: chiricahua, mescalero, jicarilla, lipán, navajo
  • Texas: mescalero, lipán
  • Oklahoma: chiricahua, jicarilla, apache das chairas
  • Noroeste de México: chiricahua, lipán, navajo

Proto-atapascano[editar | editar a fonte]

Fonoloxía[editar | editar a fonte]

Unha reconstrución recente do proto-atabascano consta de 40 consoantes (Cook 1981; Krauss & Golla 1981; Krauss & Leer 1981; Cook & Rice 1989), segundo se detalla a continuación:

Fricativas ou constritivas
  Bilabial Alveolar Palatal Velar Uvular Glotal
Central Lateral plana Labial plana Labial
Oclusiva Non aspirada   t       k q  
Aspirada         qʷʰ  
Exectiva   t’       k’ q’ q’ʷ ʔ
Africada Non aspirada   ʦ ʧ ʧʷ        
Aspirada   ʦʰ tɬʰ ʧʰ ʧʷʰ        
Exectiva   ʦ’ tɬ’ ʧ’ ʧ’ʷ        
Fricativa Consoante xorda   s ɬ ʃ ʃʷ x χ χʷ h
Consoante sonora   z ɮ ʒ ʒʷ ɣ ʁ ʁʷ  
Sonorantes
Nasal m n   ɲ          
Aproximante       j       w  
Vogal

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]