Pobo yuchi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo yuchi
As irmás Maxine Wildcat Barnett (esquerda) e Josephine Wildcat Bigler; dúas dos últimos falantes de lingua yuchi.
Poboación
Poboación total:
623 (censo de 2010)[1]
Rexións principais:
Estados Unidos de América Estados UnidosOklahoma
Aspectos culturais
LinguaLingua yuchi e inglés
Relixióncristianismo e igrexa nativa americana[2]
Grupos
relacionados
Pobo muskogee

Os yuchi ou coyaha son un pobo indíxena que tradicionalmente vivía ó leste do val do río Tennessee, en Tennessee, no século XVI. Os yuchi eran coñecidos como construtores de montículos. Durante o século XVII, movéronse ó sur até Alabama, Xeorxia e Carolina do Sur.[2][3] Despois de sufrir moitas baixas polas doenzas epidémicas e a guerra no século XVIII, os yuchi sobreviventes foron trasladados ó Territorio indio na década de 1830, xunto cos seus aliados os muscogee creek.[2] Algúns dos poucos que quedaron en Florida formaron parte da tribo seminole de Florida.

No presente, os yuchi viven no nordeste da área de Oklahoma, onde moitos están federalmente recoñecidos dentro da nación muscogee creek ou doutras tribos como os absentee-shawnee e os cherokee.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "2010 Census CPH-T-6. American Indian and Alaska Native Tribes in the United States and Puerto Rico: 2010" (PDF). census.gov. Consultado o 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Jackson, Jason Baird. "Yuchi (Euchee)." Oklahoma Historical Society's Encyclopedia of Oklahoma History and Culture. Consultado o 13 de xullo de 2010.
  3. Jackson 416

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Mark Abley, Spoken Here: Travels Among Threatened Languages, Houghton Mifflin, 2003.
  • Jason Jackson, Yuchi Ceremonial Life: Performance, Meaning, and Tradition in a Contemporary American Indian Community, University of Nebraska Press, 2003.
  • Jason Baird Jackson (ed.), Yuchi Indian Histories Before the Removal Era. Lincoln, NE: University of Nebraska Press, 2012.
  • Frank Speck, Ethnology of the Yuchi Indians (reprint), University of Nebraska Press, 2004.
  • Daniel Elliott, Ye Pleasant Mount: 1989&1990 Excavations. The LAMAR Institute, University of Georgia, 1991.