Saltar ao contido

Pobo iowa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo iowa
Nube branca, xefe dos iowa, por George Catlin (1845), National Gallery of Art
 Instancia de
 Subclase de
 Relacionados
Rexións principais
Estados Unidos de América Estados UnidosKansas, Nebrasca e Oklahoma
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Os iowa[1] ou ioway, coñecidos na súa propia lingua como báxoǰe, son pobo indíxena do grupo síux. Hoxe en día, están divididos en dúas tribos federalmente recoñecidas, a tribo iowa de Oklahoma e a tribo iowa de Kansas e Nebrasca.

Os iowa, missouria e otoe formaron parte do pobo ho-chunk. Todos son pobos que comparten a mesma lingua, a chiwere. Deixaron as súas terras ancestrais no sur de Wisconsin polo leste de Iowa, un estado que debe o seu nome ó pobo.

En 1837, os iowa foron deportados dende o estado de Iowa ás reservas do Condado de Brown, Kansas, e do Condado de Richardson, Nebrasca. Algúns iowa trasladáronse ó territorio indio a finais do século XIX e asentáronse no sur de Perkins, Oklahoma para converterse na tribo iowa de Oklahoma.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]