Pobo powhatan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo powhatan
O rei dos powhatan Wahunsonacock (debuxado por John Smith (1612).
Poboación
Poboación total:
c  3 850 (presente)
Rexións principais:
Estados Unidos de América Estados UnidosLeste de Virxinia e oeste de Maryland
Aspectos culturais
LinguaLingua powhatan e inglés
RelixiónRelixión tribal tradicional
Grupos
relacionados
Pamunkey, chickahominy, mattaponi, rappahannock e outros pobos algonquinos.

Os powhatan son un pobo indíxena do estado de Virxinia.[1] Os powhatan tamén eran coñecidos como algonquinos de Virxinia, xa que a lingua powhatan era unha algonquina tamén coñecida como algonquino de Virxinia. Estímase que entre 14 000 e 21 000 powhatan vivían no leste de Virxinia cando os ingleses colonizaron Jamestown en 1607.[2]

A finais do século XVI e comezos do XVII, un mamanatowick (xefe tribal) chamado Wahunsunacawh creou unha poderosa organización que abranguían máis de 30 pobos tributarios, e cuxo territorio ocupaba máis que o leste de Virxinia. Esa área era chamada Tsenacommacah ("terra densamente poboada"). Wahunsunacawh foi coñecido polos ingleses como "Xefe Powhatan".[3] Cada unha das tribos dentro desta organización contaba co seu propio weroance (líder, comandante), mais pagaban tributo ós powhatan.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Archived copy" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de febreiro de 2012. Consultado o 19 de xullo de 2012. 
  2. Egloff, Keith and Deborah Woodward. First People: The Early Indians of Virginia, Charlottesville, VA: University Press of Virginia, 1992
  3. Wood, Karenne. The Virginia Indian Heritage Trail, 2007.
  4. Waugaman, Sandra F. and Danielle Moretti-Langholtz, Ph.D. We're Still Here: Contemporary Virginia Indians Tell Their Stories. Richmond: Palari Publishing, 2006 (edición revisada).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gleach, Frederic W. (1997) Powhatan's World and Colonial Virginia: A Conflict of Cultures. Lincoln: University of Nebraska Press.
  • Gleach, Frederic W. (2006) "Pocahontas: An Exercise in Mythmaking and Marketing", In New Perspectives on Native North America: Cultures, Histories, and Representations, ed. by Sergei A. Kan and Pauline Turner Strong, pp. 433–455. Lincoln: University of Nebraska Press.
  • Karen Kupperman, Settling With the Indians: The Meeting of English and Indian Cultures in America, 1580–1640, 1980
  • A. Bryant Nichols Jr., Captain Christopher Newport: Admiral of Virginia, Sea Venture, 2007
  • James Rice, Nature and History in the Potomac Country: From Hunter-Gatherers to the Age of Jefferson, 2009.
  • Helen C. Rountree, Pocahontas's People: The Powhatan Indians of Virginia Through Four Centuries, 1990