Linguas algonquinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Linguas algonquinas
Outros nomes:Algonkian
Falado en: América do Norte
Total de falantes:
Familia: Álxico
 Linguas algonquinas
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: alg
Algic langs.png

As linguas algonquinas[1][2] son unha subfamilia das linguas indíxenas de América que inclúe moitas das linguas da familia álxica. É preciso distinguir o nome da familia da lingua algonquina próxima á lingua ojibwa (Chippewa), que forma parte da familia. O termo "algonquino" podería derivar da verba da tribo maliseet elakómkwik (pronunciada ɛlæˈɡomoɡwik), "son os nosos parentes/aliadoss".[3][4] Varias linguas algonquinas extinguíronse.

O territorio dos falantes algonquinos abranguía dende a costa leste de América do Norte até as Montañas Rochosas. A protolingua da cal descenden tódolas pólas da familia, o protoalgonquino, falouse hai 2.500 ou 3.000 anos.[5] Non existe consenso científico sobre o territorio no cal se falou esta protolingua.

División[editar | editar a fonte]

Esta subfamilia de preto de 30 linguas divídese en tres pólas principais segundo a xeografía: pradeiras, centrais e orientais.

A seguinte lista é unha clasificación das linguas segundo Goddard (1996) e Mithun (1999). As extintas están marcadas cunha †.

Pradeiras
1. Siksiká (Tamén chamada Blackfoot)
Atsina-arapaho (including Nawathinehena (†), e Besawunena (†))
2. Arapaho
3. Gros Ventre (†)
4. Cheyenne (Šahíyena)
Centrais
5. Cree–Montagnais–Naskapi
6. Menominee (moi ameazada)
Ojibwe–Potawatomi
7. Ojibwa (Očipwe˙)
8. Potawatomi (case extinta)
9. Sauk–Fox–Kickapoo (moi ameazada)
10. Shawnee (Ša˙wano˙ki) (moi ameazada)
11. Miami–Illinois (†)
Orientais
12. Micmac
Abnaki
13. Abnaki occidental (case extinto)
14. Abnaki oriental (†)
15. Malecite–Passamaquoddy
16. Massachusett
17. Narragansett (†)
18. Mohegan–Pequttôog (†)
19. Quiripi-Naugatuck-Unquachog (†)
20. Mohicano (†)
Delaware
21. Munsee (case extinta)
22. Unami (†)
23. Nanticoke–Piscataway (†)
24. Algonquino de Carolina (†)
25. Powhatan (†)
26. Etchemin (†) (sen certeza)
27. Loup A (†) (probablemente Nipmuck (†), sen certeza)
28. Loup B (†) (sen certeza)
29. Shinnecock (†) (sen certeza)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Entrada algonquino en Digalego
  2. García-Miguel, José M. (2000). "Linguas do mundo e tipoloxía lingüística". En F. Ramallo; G. Rei-Doval; X.P. Rodríguez Yáñez. Manual de Ciencias da Linguaxe (PDF). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. pp. 173–220. ISBN 84-8302-588-4. 
  3. Campbell 1997, p. 401, notes 133, 136.
  4. Bright 2004, p. 32.
  5. Goddard 1978, p. 587.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bloomfield, Leonard (1946). "Algonquian". Linguistic Structures of Native America, ed. Harry Hoijer. Viking Fund Publications in Anthropology: 6. New York.
  • Bright, William (2004). Native American Place Names of the United States. Norman: University of Oklahoma Press.
  • Cappel, Constance, (2006), Odawa Language and Legends: Andrew J. Blackbird and Raymond Kiogima, Bloomington, IN: Xlibris.
  • Campbell, Lyle (1997). American Indian languages: The historical linguistics of Native America. New York: Oxford University Press. ISBN 0-19-509427-1.