Saltar ao contido

Pobo cheyenne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo cheyenne
Imaxe da bandeira
Imaxe
Fotomontaxe
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Lingua materna
Cifras e dimensións
 Poboación
   13.500 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
 Mapas
Mapa de distribución
Estados Unidos de América Estados Unidos)22 970
Códigos e identificadores
Freebase/m/0fk55 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Musicbrainz: e308f041-8daf-4dc8-9976-f008dcf170d6 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Os cheyennes[1] ou cheiéns[2][3] son unha nación de nativos norteamericanos que habitan as Grandes Chairas dos Estados Unidos. A nación cheyenne está composta por dúas tribos, os Sotaeo'o (sen unha tradución clara) e os Tsitsistas. O nome "cheyenne" deriva dunha palabra en lingua síux que significa 'Pequeno Cree'.

Antes de seren internados en reservas, os cheyennes eran aliados dos arapaho e os lakota (síux). A nación cheyennes comprendía dez bandas que se estendían por tódalas grandes pradeiras, dende o sur de Colorado ás Black Hills en Dakota do Sur. Cara a mediados do século XVIII, as bandas comezaron a separarse, algunhas permaneceron preto das Black Hills, mentres que outras permaneceron cerca dos Platte Rivers do centro de Colorado.

Na actualidade, os cheyennes do norte viven ó sueste de Montana nunha reserva propia. Os cheyennes do sur, xunto cos arapaho do sur, viven no centro de Oklahoma. A súa poboación total combinada é duns 20.000.

Xefes famosos

[editar | editar a fonte]

Tanto os cheyennes de Montana como os de Oklahoma falan a lingua cheyenne, cunhas poucas diferenzas no vocabulario entre as dúas comunidades. A lingua cheyenne forma parte da familia de linguas algonquinas, e é un dos poucos idiomas algonquinos das pradeiras que desenvolveu características tonais. Os idiomas máis próximos ó cheyenne son o arapaho e o ojibwa (chippewa).

Poboado Cheyenne
Poboado Cheyenne

Encontro dunha danza do sol cheyennes, c. 1909.

Encontro dunha danza do sol cheyennes, c. 1909.
  1. Definición de cheyenne* no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. García-Miguel, José M. (2000). "Linguas do mundo e tipoloxía lingüística". En F. Ramallo; G. Rei-Doval; X.P. Rodríguez Yáñez. Manual de Ciencias da Linguaxe (PDF). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. pp. 173–220. ISBN 84-8302-588-4. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de setembro de 2016. Consultado o 17 de decembro de 2017.
  3. Hermida Borrajo, Xosé Avelino; López Martínez, María Cruz (2006). "cheyene-cheién". Gran dicionario século 21. Editorial Galaxia. p. 139. ISBN 9788482893549.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]