Saltar ao contido

Pobo pawnee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo pawnee
Imaxe
Sharitarish - Wicked Chief - por Charles Bird King, cara 1822
 Instancia de
 Composto por
Características
 Lingua materna
Cifras e dimensións
 Poboación
   6.800 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 OpenStreetMap
 Mapas
Mapa de distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0gw52 Editar o valor en Wikidata
BNE: XX529357
Wikidata C:Commons

Os pawnee (tamén paneassa, pari, pariki) son unha tribo de nativos americanos de lingua caddo, o nome da cal procede de paariki, 'corno', e que se chamaban Chahiksichahik, 'home dos homes'.[1] No presente, son unha tribo recoñecida federalmente como Nación Pawnee de Oklahoma, e ten catro bandas confederadas: os chaui, kitkehakhi, pitahawirata, e skidi.[2]

Localización

[editar | editar a fonte]

Vivían na conca media do río Platte, en Nebraska. Viven en Oakland, Condado de Pawnee (Oklahoma), onde comparten reserva cos otoe, peoria e tonkawa. Pawnees notables foron Petalesharo, James Murie ou White Eagle.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Contra o 1702 eran 2 000 familias. Aumentaron a 10 000 en 1802, número que se mantivo estable en 1835, pero as doenzas e os ataques minguaron o seu número a 2 447 individuos en 1872 e a 1 521 en 1876, de xeito que en 1900 só quedaban 649, e en 1960 só restaban 1 149 pawnee en Oklahoma, dos cales 670 vivían no territorio da reserva. En 1980, eran uns 2 300 en Oklahoma, dos cales 200 aínda falaban a lingua pawnee, e algúns en Nebraska e Kansas.

Segundo datos da BIA de 1995, na reserva pawnee vivían 954 individuos (2 462 apuntados na tribo).

Segundo datos do censo de 2000, había 2 485 pawnees puros, 487 mesturas con outras tribos, 1 246 mesturados con outras razas e 322 mesturados con outras razas e outras tribos. En total, 4 540 individuos.

No 2010, eran 4.878,[3] dos que 3.240 estaban rexistrados.[4]

  1. ↑ Hyde 22
  2. ↑ "Preamble." Constitution of the Pawnee Nation of Oklahoma. Consultado o 14 de xuño de 2008.
  3. ↑ Censo dos Estados Unidos, 2010
  4. ↑ 2011 Oklahoma Indian Nations Pocket Pictorial Directory. Arquivado 24 de abril de 2012 en Wayback Machine. Oklahoma Indian Affairs Commission. 2011: 27. Consultado o 24 de xaneiro de 2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Hyde, George E. (1987). Life of George Bent. Written from his letters (en inglés). Norman, OK: University of Oklahoma Press. ISBN 978-0806115771.