Pobo navajo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pobo navajo
Navajo-portraits.jpg
Poboación
Poboación total:
300 460 (2011)[1]
Rexións principais:
Arizona140 263
Novo México108 306
Aspectos culturais
LinguaLingua navajo, sinais dos indios das chairas
RelixiónNavajo Tradicional, Cristianismo e Igrexa Nativa Americana
Grupos
relacionados
Pobo apache

Os navajo[2] (en navajo: Diné ou Naabeehó) son un pobo amerindio do suroeste dos Estados Unidos de América. Despois do pobo cherokee, son a segunda meirande tribo federalmente recoñecida con 300 460 membros (2015).[1][3] A Nación Navajo constitúe un territorio con goberno independente que controla as reservas na área de Four Corners, con 71.000km2 de terra nos estados de Arizona, Utah e Novo México. A lingua navajo é a lingua tradicional do pobo, aínda que moitos falan inglés tamén.

Os estados con meirandes poboacións navajo son Arizona (140 263) e Novo México (108 306). Arredor de tres cuartos da poboación navajo reside neses dous estados.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Donovan, Bill. "Census: Navajo enrollment tops 300,000." Navajo Times 7 de xullo de 2011 (consultado o 8 de xullo de 2011)
  2. Entrada navajo en Digalego
  3. "Arizona's Native American Tribes: Navajo Nation." Arquivado 01 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. University of Arizona, Tucson Economic Development Research Program. Consultado o 19 de xaneiro de 2011.
  4. American Factfinder, United States Census Bureau

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]