Meseta do Columbia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Meseta do Columbia
Formación de basalto sobre o río Columbia, ao sur do encoro Wanapum
Localización
Continente/sAmérica do Norte
País/esEstados Unidos de América Estados Unidos
Coordenadas45°59′58″N 119°0′05″O / 45.99944, -119.00139Coordenadas: 45°59′58″N 119°0′05″O / 45.99944, -119.00139
Datos
Superficie160 000 km2
RíosColumbia

A meseta do Columbia (en inglés: Columbia Plateau) é unha ampla meseta da zona do Pacífico Noroeste dos Estados Unidos atravesada polo río Columbia, unha meseta de inundación de basalto localizada entre a Cascade Range e as Montañas Rochosas. É unha rexión xeolóxica e xeográfica que administrativamente comprende parte dos estados de Washington, Oregón e Idaho. Unha das acepcións do termo «conca do Columbia» (Columbia Basin) refírese máis ou menos á mesma zona que a meseta do Columbia.[1]

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

A provincia basáltica Río Columbia

A finais do Mioceno e principios do Plioceno, unha das maiores inundacións de basalto, de arredor de 160 000 km² xurdiu do Pacífico Noroeste, formando unha gran provincia ígnea.[2] Durante un período talvez de 10 a 15 millóns anos, fluíu a lava despois de que o fluxo se derramase pola superficie, acumulando en última instancia ata un espesor de máis de 1,8 km. A medida que a rocha fundida chegaba á superficie, a codia da Terra afundíase aos poucos ocupando o espazo deixado pola lava que xurdía.

Esa subsidiencia da codia produciu esta gran meseta, unha ampla chaira de lava lixeiramente deprimida que ás veces tamén se coñece como conca do Columbia.[2] O antigo río Columbia viuse obrigado a discorrer polo seu curso actual pola lava que avanzaba cara ao noroeste. A lava, cando fluía sobre a área, encheu primeiro os vales fluviais, formando diques que á súa vez provocaron a creación de encoros ou lagos. Nos leitos deses lagos hai impresións fósiles de follas, madeira petrificada, insectos fósiles e ósos de animais vertebrados.

Flora[editar | editar a fonte]

Parte da meseta do Columbia asóciase coa kecorrexión da Meseta do Columbia, parte da ecorrexión coñecida como Nearctic temperate and subtropical grasslands, savannas, and shrublands («pradarías neárticas tépedas e subtropicales, sabanas e matogueiras») do bioma «pasteiros, sabanas e matogueiras tépedas».

Múltiples coadas de basalto superpostas no macizo basáltico do río Columbia (Moses Coulee, Washington)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Floyd, Ben, et al. "Glossary Arquivado 22 de marzo de 2005 en Wayback Machine.". (1998) Hanford Reach Protection and Management Program Interim Action Plan Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine.. Prosser, Washington: Benton County Planning Department.
  2. 2,0 2,1 Description: Columbia Plateau Columbia River Basalt. Arquivado 11 de decembro de 2008 en Wayback Machine. United States Geological Survey, consultado o 9 de outubro de 2007.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]