Miloš Zeman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMiloš Zeman

(2022) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de setembro de 1944 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Kolín (Alemaña nazi) Editar o valor em Wikidata
President of the Czech Republic (en) Traducir
8 de marzo de 2013 – 8 de marzo de 2023
← Václav KlausPetr Pavel →
Líder do partido Partido dos Direitos Civis - Zemanovci (pt) Traducir
6 de marzo de 2010 – 29 de maio de 2010
← sen valor – Vratislav Mynář →
Primeiro ministro da República Checa
17 de xullo de 1998 – 15 de xullo de 2002
← Josef Tošovský (pt) TraducirVladimír Špidla (pt) Traducir →
Membro da Câmara dos Deputados da República Checa (pt) Traducir
20 de xuño de 1998 – 20 de xuño de 2002
Lexislatura: 3rd Czech legislature (en) Traducir

Chair of the Chamber of Deputies of the Parliament of the Czech Republic (en) Traducir
27 de xuño de 1996 – 15 de xuño de 1998
← Milan Uhde (en) TraducirVáclav Klaus →
Membro da Câmara dos Deputados da República Checa (pt) Traducir
1 de xuño de 1996 – 19 de xuño de 1998
Lexislatura: 2nd Czech legislature (en) Traducir

Líder do partido Česká strana sociálně demokratická
28 de febreiro de 1993 – 7 de abril de 2001
← Jiří Horák (en) TraducirVladimír Špidla (pt) Traducir →
Membro da Assembleia Federal da Checoslováquia (pt) Traducir
30 de xaneiro de 1990 – 31 de decembro de 1992 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaLány Castle (en) Traducir (valor descoñecido–2023)
Ke studánce (en) Traducir (2023–)
Stodůlky (en) Traducir
Q116689798 Traducir
Lány (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeRepública Checa
Checoslovaquia Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónPrague University of Economics and Business (en) Traducir (1965–1969) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , economista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorTatra (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Direitos Civis - Zemanovci (pt) Traducir (2009–)
Česká strana sociálně demokratická (1992–2007)
Občanské hnutí (en) Traducir (1991–1992)
Civic Forum (en) Traducir (1990–1991)
Komunistická strana Československa (1968–1970) Editar o valor em Wikidata
ProfesoresVěněk Šilhán (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua checa, lingua rusa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeIvana Zemanová (pt) Traducir (1993–)
Blanka Zemanová (pt) Traducir (1971–1978), divorcio Editar o valor em Wikidata
FillosKateřina Zemanová (en) Traducir
 () Ivana Zemanová (pt) Traducir
David Zeman (en) Traducir
 () Blanka Zemanová (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webzemanmilos.cz Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1179461 Facebook: prezidentcr Twitter: MZemanOficialni Editar o valor em Wikidata

Miloš Zeman nado en Kolín o 28 de setembro de 1944, é un economista e político checo, actual presidente da República Checa.

Carreira política[editar | editar a fonte]

Durante a súa mocidade foi membro do Partido Comunista de Checoslovaquia (1968-1970).[1] Logo militou no Partido Socialdemócrata Checo (ČSSD), e como líder desa formación política foi un dos protagonistas políticos da década de 1990. Logrou que os socialdemócratas fosen a segunda forza tras o Partido Demócratico Cívico (ODS) do primeiro ministro Vaclav Klaus nas eleccións de 1996. Foi presidente da Cámara de Deputados entre 1996 e 1998, ano no que o Partido Socialdemócrata Checo gañou as eleccións parlamentarias acadando entón a xefatura do goberno ata 2002, cando renunciou a presentarse á reelección. O seu goberno procurou facer reformas necesarias para o ingreso na Unión Europea, aprobou o envío de tropas a Afganistán para axudar á intervención norteamericana logo do 11-S, e a nivel económico, malia non frear o aumento do desemprego, logrou reducir a inflación.[2]

Abandonou o ČSSD o 21 de marzo de 2007 debido a conflitos co daquela líder e presidente do partido Jiří Paroubek. En outubro de 2009, fundou o Partido dos Dereitos Civís–Zemanovci (Strana Práv Občanů – Zemanovci, SPOZ).

Xunto a Jan Fischer, Zeman foi un dos dous candidatos máis fortes na primeira elección presidencial directa na República Checa, realizada en xaneiro de 2013.[3] Zeman gañou por unha estreita marxe a primeira volta das eleccións e entrou na segunda volta xunto a Karel Schwarzenberg, elección onde obtivo a vitoria, converténdose no presidente da República Checa. Obtivo a reelección durante as eleccións presidenciais de 2018.[4]

É considerado como un político prochinés e próximo a Vladimir Putin.[5][6] De feito, segundo Radio Free Europe/Radio Liberty é un dos líderes da Unión Europea máis aliñado co Kremlin.[7] Tamén amosou publicamente a súa simpatía cara Donald Trump.[8] As súas posicións ideolóxicas foron evoluíndo dende o centro esquerda cara postulados cada vez máis conservadores e populistas.[9][10]

Como xefe do estado amosou contradiccións con respecto a Unión Europea. En 2013 ao chegar á presidencia izou a bandeira da Unión Europea no Castelo de Praga, a súa residencia oficial, e asinou o Tratado que establece o Mecanismo Europeo de Estabilidade, dous xestos aos que se negara o seu predecesor, Vaclav Klaus.[11] Logo do Brexit comentou que Chequia tamén debería ter un referendo para decidir sobre a súa continuidade na UE e na OTAN,[12] aínda que logo cualificou como "un medo irracional" a oposición dos checos á adopción do Euro como moeda.[13] Manifestouse tamén a favor de que a República Checa mudara oficialmente o seu nome a Chequia, considerando a primeira denominación como "fría". Segundo destacaron algúns xornalistas, para Zeman o troco do nome tamén era rematar con parte do legado de Vaclav Havel.[14]

Internamente foi criticado en numerosas ocasións por facer un uso discrecional dos seus poderes como presidente. En 2019 o Senado checo iniciou, por primeira vez na súa historia, un proceso de destitución por acusalo de violar a constitución.[15] Con todo, o proceso non contou co respaldo da Cámara de Deputados, permitindo a Zeman continuar no cargo.[16]

Os seus problemas de saúde fixéronse máis frecuentes durante o seu segundo mandato: doente de diabetes e dunha neuropatía, comezou a desprazarse en cadeira de rodas en 2021.[17][18] en xuño dese ano, o comité de seguridade do Senado checo afirmou que Zeman era incapaz de cumprir coas súas tarefas.[19] O seu estado gañou relevancia pública en outubro de 2021, pois o día seguinte ás eleccións xerais, o 10 de outubro, tras unha xuntanza co primeiro ministo, Andrej Babiš, tivo que ser ingresado en coidados intensivos no Hospital Militar de Praga.[20] O presidente ten uns poderes basicamente cerimoniais, mais debe encargar a un candidato formar goberno: un rol determinante pois, logo das eleccións, Babiš non contaba cunha maioría sendo superado en voto e escanos pola suma da oposición.[21] Se ben Zeman, antes das eleccións xa anunciara que empregaría as súas competencias para garantir a continuidade de Babiš,[22] o resultado electoral complican a súa vontade, mentres que o seu precario estado de saúde sumou incerteza ao panorama político checo.[23] O día 11 de outubro, deuse a coñecer un parte médico que, sen dar detalles concretos, anunciaba que o estado de saúde do presidente Zeman era estable.[24]

Logo de varios días ingresado, a presidencia fixo público un vídeo de Zeman traballando dende o hospital pero a preocupación sobre se era quen de exercer as súas funcións levou o Senado checo a iniciar o proceso de incapacitación.[25][26] Paralelamente, informouse de que comezaran investigacións xudiciais para investigar o comportamento do círculo próximo ao presidente ao existir denuncias de omisión do socorro, así como falsificación e usurpación da identidade dun funcionario.[27] A principios de novembro, unha xunta médica declarou que Zeman non podía continuar exercendo os seus poderes de forma total.[28] Días máis tarde confirmouse que mantivera unha conversa telemática cos líderes do Partido Democrático Cívico (ODS) para tratar un posible cambio de goberno.[29] Finalmente, o 9 de novembro de 2021, ofreceu ao líder de SPOLU, a coalición opositora a Babiš, Petr Fiala, pertencente a ODS, a formación do executivo.[30] A designación oficial de Fiala como primeiro ministro foi o 28 de novembro, no acto o presidente Zeman apareceu illado tras uns biombos de protección pois estaba contaxiado de covid-19.[31] A primeira tensión con Fiala foi o rexeitamente inicial de Zeman para nomear a Jan Lipavský como ministro de Exteriores polas súas posicións contrarias a mover a embaixada en Israel, a favor de Taiwán e as dúbidas sobre a cooperación co Grupo de Visegrad, aínda que finalmente acabou aceptando a proposta do novo xefe do goberno.[32][33]

Non sendo elixible novamente, non concorreu ás eleccións presidenciais de 2023, nelas que resultou escollido Petr Pavel, xeneral retirado, como o seu sucesor.[34]

Controversias[editar | editar a fonte]

En xuño de 2011, Zeman, en referencia ó islam, dixo: «O inimigo é a anti-civilización que se estende dende o norte de África até Indonesia. Dous mil millóns de persoas viven nela». El comparou ós musulmáns que cren no Corán cos nazis antisemitas e racistas. Presentouse unha denuncia na súa contra por mor dos comentarios.[35] Posteriormente suavizou os seus comentarios, a través do seu voceiro Jiří Ovčáček, dicindo que persoalmente asumirá o patrocinio sobre o Fondo da Amizade Cristiá Checo-Siria–Zemanovci (FACC–Z).[36] As acusacións de xenofobia e islamofobia volveron cando en 2017 declarou que Bosnia e Hercegovina podería ser a próxima base do ISIS.[37]

As acusacións de xenofobia son frecuentes, por exemplo, por usar unha linguaxe antialemá como nas eleccións presidenciais de 2013 cando chamou ao seu contrincante, Karel Schwarzenberg, alemán dos Sudetes.[38][39] Tamén polos comentarios que usa para manifestarse contra a inmigración ou polos seus prexuízos sobre os xitanos.[40][41][42]

Como presidente da República Checa amosouse solidario cos gobernos de Viktor Orbán en Hungría e do partido Lei e Xustiza de Polonia cuxas medidas resultan controvertidas no resto da Unión Europea.[43] Deste xeito, nunha entrevista en xuño de 2021, cando pretendía defender unha lei húngara que coutaba a información en materia LGTBI afirmou que as persoas transxénero lle resultaban "intrinsecamente noxentas".[44]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Volby 2018: Miloš Zeman, kandidát na prezidenta - E15.cz". Zprávy E15.cz. Consultado o 19 de decembro de 2017. 
  2. "CIDOB". CIDOB. Consultado o 2021-10-12. 
  3. "Fischer, Zeman favourites of Czech presidential election - poll". ČTK. 27 de agosto de 2012. Consultado o 30 de decembro de 2012. 
  4. "Miloš Zeman fue reelecto presidente de la República Checa | Radio Praga" (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  5. Santora, Marc; Goeij, Hana de (2018-01-14). "In Czech Election, a Choice Between Leaning East or West". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2021-10-12. 
  6. "Czech president pelted with eggs on revolution anniversary". BBC News (en inglés). 2014-11-17. Consultado o 2021-10-12. 
  7. "Czech PM's Remarks On 2014 Blasts Trigger Outrage, Underscore Split Over Russia Ties". RadioFreeEurope/RadioLiberty (en inglés). Consultado o 2021-10-12. 
  8. "Trump's Czech admirer Zeman weighs presidential re-election bid". Reuters (en inglés). 2017-03-07. Consultado o 2021-10-12. 
  9. "Miloš Zeman makes Nigel Farage look like a nice guy. It’s even worse than that". the Guardian (en inglés). 2016-09-15. Consultado o 2021-10-12. 
  10. "Czech Republic re-elects far-right president Miloš Zeman". the Guardian (en inglés). 2018-01-27. Consultado o 2021-10-12. 
  11. "Czech president raises EU flag to signal change from Klaus era". Reuters (en inglés). 2013-04-03. Consultado o 2021-10-12. 
  12. "Is 'Czexit' Next? President of Czech Republic Calls for EU Referendum". Time (en inglés). Consultado o 2021-10-12. 
  13. "Zeman says Czechs are irrationally afraid of euro adoption". 22-6-2017. Consultado o 12-10-2021. 
  14. "La République tchèque est morte, vive la Tchéquie !". Le Monde.fr (en francés). 2016-04-16. Consultado o 2021-10-12. 
  15. News, A. B. C. "Czech senators say president violated country's constitution". ABC News (en inglés). Consultado o 2021-10-12. 
  16. "Czech opposition lawmakers fail in bid to remove president". Reuters (en inglés). 2019-09-26. Consultado o 2021-10-12. 
  17. "President Zeman says he has started using wheel chair". Radio Prague International (en inglés). 2021-04-11. Consultado o 2021-10-11. 
  18. "Hospitalized Czech president to return to work next week". AP NEWS (en inglés). 2021-09-16. Consultado o 2021-10-11. 
  19. "BREAKING: President Zeman Can be Declared Unfit to Serve" (en inglés). Consultado o 2021-10-12. 
  20. "Czech President Milos Zeman hospitalised day after parliamentary vote". euronews (en inglés). 2021-10-10. Consultado o 2021-10-11. 
  21. "President’s health in focus after election as opposition coalitions ask to form government". Radio Prague International (en inglés). 2021-10-10. Consultado o 2021-10-11. 
  22. Gosling, Tim. "Czech vote: President plans to exploit powers to protect Babis". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 2021-10-12. 
  23. "Czech politics in limbo over Zeman health crisis". EUobserver (en inglés). Consultado o 2021-11-01. 
  24. "Czech President Miloš Zeman in ‘stable’ condition, says hospital official". POLITICO (en inglés). 2021-10-11. Consultado o 2021-10-12. 
  25. "El Castillo se defiende con un vídeo de Zeman hospitalizado". Radio Prague International (en castelán). 2021-10-22. Consultado o 2021-11-01. 
  26. Welle (www.dw.com), Deutsche. "Will sick Czech President Milos Zeman be removed from office?". DW.COM (en inglés). Consultado o 2021-11-01. 
  27. "Media: Czech police investigating President Zeman’s inner circle". Radio Prague International (en inglés). 2021-10-27. Consultado o 2021-11-01. 
  28. "Zeman no puede trabajar a pleno rendimiento, decide junta médica". Radio Prague International (en castelán). 2021-11-05. Consultado o 2021-11-09. 
  29. "El presidente Zeman ha realizado una videoconferencia con el líder de ODS para tratar la formación de Gobierno". Radio Prague International (en castelán). 2021-11-06. Consultado o 2021-11-09. 
  30. "Czech president taps Petr Fiala to lead new government". POLITICO (en inglés). 2021-11-09. Consultado o 2021-11-15. 
  31. "Covid-positive Czech president appointed new PM from plexiglass box". BBC News (en inglés). 2021-11-28. Consultado o 2021-12-19. 
  32. Zachová, Aneta (2021-12-14). "New Czech PM flexes muscles in first clash with president". www.euractiv.com (en inglés). Consultado o 2021-12-19. 
  33. "On Day 1, new Czech prime minister turns west". POLITICO (en inglés). 2021-12-17. Consultado o 2021-12-19. 
  34. "Ex-NATO General Scores Victory Over Populist in Czech Vote". Bloomberg.com (en inglés). 2023-01-28. Consultado o 2023-02-05. 
  35. Former Czech PM sued over statements on Islam, 8 de xullo de 2011.
  36. "Zeman podpořil přijetí „kulturně blízkých“ syrských křesťanů". Consultado o 11 de abril de 2016. 
  37. "Bosnian leader accuses Zeman of Islamophobia over IS claim". Radio Prague International (en inglés). 2017-08-29. Consultado o 2021-10-12. 
  38. "Czech poll descends into anti-German insults". Financial Times. 2013-01-25. Consultado o 2021-10-12. 
  39. "Czech run-off campaign marred by anti-German jingoism". Aktuálně.cz - Víte, co se právě děje (en checo). 2013-01-25. Consultado o 2021-10-12. 
  40. "Czech top officials in war of words over migrant crisis". Radio Prague International (en inglés). 2015-11-26. Consultado o 2021-10-12. 
  41. "Czech president defends assertion that most Roma don't work". www.euractiv.com (en inglés). 2018-10-08. Consultado o 2021-10-12. 
  42. "Open Letter To Czech President On Racist Comments About Roma". European Roma Rights Centre (en húngaro). Consultado o 2021-10-12. 
  43. "Other countries should not interfere with our internal issues: Polish president". Polskie Radio dla Zagranicy. Consultado o 2021-10-12. 
  44. CNN, Tomas Etzler and Mitchell McCluskey. "Czech President calls transgender people 'disgusting'". CNN. Consultado o 2021-10-12. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]