Jan Fischer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jan Fischer
8º Primeiro Ministro da República Checa
Período8 de maio de 2009
28 de xuño de 2010
AntecesorMirek Topolánek
SucesorPetr Nečas
Presidente do Consello Europeo
Período23 de abril de 2003
30 de xuño de 2009
AntecesorMirek Topolánek
SucesorFredrik Reinfeldt
Datos persoais
Nacemento2 de xaneiro de 1951
 Praga
OrganizaciónIndependente
AfiliaciónsPartido Comunista (1980-1989)
PaiOtto Fischer
CónxuxeDana Fischerová
FillosJakub Fischer e Jan Fischer
Alma máterPrague University of Economics and Business e Gymnázium Christiana Dopplera
ProfesiónEstatístico
RelixiónXudeu
Na rede
IMDB: nm5271264 Facebook: janfischercz Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jan Fischer, nado o 2 de xaneiro de 1951, é un técnico burócrata checo que ocupou o cargo de Primeiro Ministro da República Checa dende o 8 de maio de 2009 até o 28 de xuño de 2010.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jan Fischer naceu en Praga, nese entón capital da desaparecida Checoslovaquia o 2 de xaneiro de 1951 no seo dunha familia xudía de matemáticos. O seu pai era un investigador no Instituto de Matemáticas da Academia de Ciencias, especializado en matemáticas e estatística para o desenvolvemento de aplicacións matemáticas orientadas á xenética (cada vez máis selectivas) e ao medicamento. A súa nai era unha experta en estatística aplicada aos seguros.

Fischer graduouse da Universidade de Economía de Praga o 1974 en materia de estatística e econometría. Inmediatamente despois da súa gradación, obtivo un emprego no Instituto de Investigación de Información Socioeconómica, dependente da gobernamental Oficina Federal de Estatística de Checoslovaquia.

Fischer completou os seus estudos de posgrao na Universidade de Economía en 1985, obtendo o grao de Candidato de Ciencias (un grao académico dos antigos países comunistas de Europa Oriental, que estaba un chanzo por baixo de Doutor en Ciencias) no ámbito das estatísticas económicas. Foi membro do gobernante Partido Comunista de Checoslovaquia desde 1980 até a caída do réxime comunista en 1989.


Primeiro Ministro da República Checa

Segue a:

Mirek Topolánek
Jan Fischer
Precede a:

Petr Nečas
Independente