Islamofobia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A islamofobia é o medo, aversión ou prexuízo contra a relixión do islam ou os musulmáns en xeral,[1][2] especialmente cando son vistos como unha forza xeopolítica ou unha fonte de terrorismo.[3][4][5] O alcance e a definición precisa do termo islamofobia é obxecto de debate. Algúns estudosos consideran que é unha forma de xenofobia ou racismo, algúns consideran que a islamofobia e o racismo están estreitamente relacionados ou que se solapan parcialmente, mentres que outros discuten calquera relación, fundamentalmente sobre a base de que a relixión non é unha raza.

As causas da islamofobia tamén son obxecto de debate, sobre todo entre os comentaristas que afirmaron un aumento da islamofobia como resultado dos atentados do 11 de setembro de 2001,[6] o ascenso do grupo Estado Islámico, ataques terroristas en Europa e os Estados Unidos por parte dos extremistas islámicos,[7] os cales foron asociados coa maior presenza de musulmáns nos Estados Unidos e na Unión Europea, e outros que o ven como unha resposta á aparición dunha identidade musulmá global.

O 15 de marzo de 2022, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou por consenso unha resolución que foi presentada por Paquistán en nome da Organización para a Cooperación Islámica que proclamou o 15 de marzo como o Día Internacional da Loita contra a Islamofobia.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Islamophobia". Oxford Dictionaries. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2016. Consultado o 10 de novembro de 2016. 
  2. "Islamophobia". Collins Dictionary. Consultado o 10 de novembro de 2016. 
  3. Miles & Brown 2003, p. 166.
  4. See Egorova; Tudor (2003) pp. 2–3, which cites the conclusions of Marquina and Rebolledo in: "A. Marquina, V. G. Rebolledo, 'The Dialogue between the European Union and the Islamic World' in Interreligious Dialogues: Christians, Jews, Muslims, Annals of the European Academy of Sciences and Arts, v. 24, no. 10, Austria, 2000, pp. 166–68. "
  5. Wike, Richard; Stokes, Bruce; Simmons, Katie (xullo de 2016). Europeans Fear Wave of Refugees Will Mean More Terrorism, Fewer Jobs (PDF) (Informe). Pew Research Center. p. 4. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de novembro de 2016. Consultado o 27 de novembro de 2016. 
  6. Kiara Alfonseca (11 de setembro de 2021). "20 years after 9/11, Islamophobia continues to haunt Muslims". ABC News (en inglés). 
  7. Duncan Spence (2 de novembro de 2014). "Why online Islamophobia is difficult to stop". Canadian Broadcasting Corporation. 
  8. "'Landmark resolution': UNGA declares March 15 as International Day to Combat Islamophobia". Dawn. 15 de marzo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]