Gjorge Ivanov
(2017) | |
Nome orixinal | (mk) Ѓорге Иванов |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 2 de maio de 1960 (64 anos) Valandovo (pt) |
Presidente de Macedonia do Norte | |
12 de maio de 2009 – 12 de maio de 2019 ← Branko Crvenkovski – Stevo Pendarovski → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Macedonia do Norte |
Relixión | Igrexa ortodoxa macedonia - Arcebispado de Ohrid |
Educación | Universidade Santos Cirilo e Metodio de Skopje |
Actividade | |
Ocupación | matemático , profesor universitario |
Empregador | Skype |
Partido político | Organização Revolucionária Interna da Macedónia - Partido Democrático para a Unidade Nacional Macedónia (pt) |
Gjorge Ivanov (en macedonio: Ѓорге Иванов) é un político macedonio e presidente de Macedonia do Norte dende o ano 2009.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gjorge Ivanov naceu na localidade de Valandovo o 2 de maio de 1960, ao sueste da República Socialista de Macedonia (nesa época parte de Iugoslavia). Nesta cidade culminou a súa educación primaria e secundaria. Aos 27 anos, Ivanov abandonou a súa cidade natal para mudarse a Skopje. Até 1990, fora un activista da Xuventude Comunista de Iugoslavia.[1]
Campaña presidencial
[editar | editar a fonte]O 25 de xaneiro de 2009, o partido máis influente na Asemblea de Macedonia do Norte, o VRMO-DPMNE escolleu a Ivanov como o seu candidato presidencial para as eleccións presidenciais de 2009.[2]
Durante a súa campaña presidencial, Ivanov declarou que se fose electo convocaría unha reunión co Presidente de Grecia e tentaría unha resolución conxunta con este país sobre a disputa polo nome de Macedonia.[3]
Presidencia
[editar | editar a fonte]Un día despois da súa elección o 12 de maio de 2009, Ivanov reafirmou o seu compromiso da colaboración mutua con Grecia reuníndose co seu homólogo grego Karolos Papoulias.[4]
Despois de ser electo como Presidente, declarou publicamente os seus obxectivos de presidencia. Entre estes cítanse o ingreso de Macedonia do Norte na Unión Europea e na OTAN, a recuperación económica do seu país, a estabilidade interna e a mellora das relaciones coas minorías étnicas e os países veciños, especialmente con Grecia.[5]
Notass
[editar | editar a fonte]- ↑ "Од политолог до политичар". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2011. Consultado o 24 de novembro de 2009.
- ↑ "VMRO-DPMNE elects Gjorgje Ivanov for presidential candidate". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2012. Consultado o 24 de novembro de 2009.
- ↑ "New Macedonia president keen to resolve Greece name dispute". News.com.au. 6 de abril de 2009. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2012. Consultado o 10 de agosto de 2016.
- ↑ "Иванов во мај ќе го покани Папуља". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2011. Consultado o 24 de novembro de 2009.
- ↑ "Ivanov - For proud and strong Macedonia". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2011. Consultado o 24 de novembro de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Nikola Gruevski, primeiro ministro de Macedonia do Norte.