Saltar ao contido

Sudetenland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa de Sudetenland (en negro)
Soldado checoslovaco patrullando a vila de Krásná Lípa (en alemán: Schönlinde) na rexión dos Sudetes, setembro de 1938

Sudetenland (en checo e eslovaco Sudety, en polaco Kraj Sudetów) é o nome alemán empregado na primeira metade do século XX para nomear ás rexión occidentais de Checoslovaquia poboadas por alemáns, especificamente as rexión fronteirizas de Bohemia, Moravia, e aquelas partes de Silesia asociadas con Bohemia.

O nome provén das montañas Sudetes, aínda que a rexión de Sudetenland espallábase alén desta cadea montañosa ao longo da fronteira con Silesia e a Polonia actual. Os habitantes alemáns destas terras coñecíanse como alemáns dos Sudetes (alemán: Sudetendeutsche, checo: Sudetští Němci, polaco: Niemcy Sudeccy). A minoría alemá en Eslovaquia, os alemáns dos Cárpatos, non se inclúe nesta categoría.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]