Saltar ao contido

Andrej Babiš

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAndrej Babiš

(2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de setembro de 1954 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Bratislava, Eslovaquia Editar o valor en Wikidata
Deputado da República Checa
9 de outubro de 2021 –

12º Primeiro ministro da República Checa
6 de decembro de 2017 – 17 de decembro de 2021
← Bohuslav SobotkaPetr Fiala →
Membro do gabinete: Governo Babiš I (pt) Traducir, Andrej Babiš' Second Cabinet (en) Traducir
Deputado da República Checa
21 de outubro de 2017 –

Ministro de Finanzas da República Checa
29 de xaneiro de 2014 – 24 de maio de 2017
← Jan FischerIvan Pilný →
Membro do gabinete: Bohuslav Sobotka's Cabinet (en) Traducir
Vicepresidente do goberno da República Checa
29 de xaneiro de 2014 – 24 de maio de 2017
Membro do gabinete: Bohuslav Sobotka's Cabinet (en) Traducir
Deputado da República Checa
26 de outubro de 2013 – 26 de outubro de 2017

Datos persoais
ResidenciaPrůhonice (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversity of Economics in Bratislava (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario, economista, político, emprendedor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorAgrofert (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoANO 2011 (2012–)
Komunistická strana Československa (1980–1989) Editar o valor en Wikidata
Patrimonio estimado74.000 MKč (2020) Editar o valor en Wikidata
Participou en
22 de xaneiro de 2019Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2019
23 de xaneiro de 2018Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2018 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMonika Babišová (2017–)
Beata Adamovičová (–década de 1990) Editar o valor en Wikidata
FillosAdriana Bobeková
 () Beata Adamovičová
Andrej Babiš Jr.
 () Beata Adamovičová
Vivien Babišová
 () Monika Babišová
Frederik Babiš
 () Monika Babišová Editar o valor en Wikidata
IrmánsAlexander Babiš Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Medvik >>>:Babiš, Andrej, 1954-,
Records of persons of interest (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sitio webandrejbabis.blog.idnes.cz Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm4697808 Facebook: AndrejBabis Twitter: AndrejBabis Instagram: andrejbabis TikTok: andrejbabis Editar o valor en Wikidata

Andrej Babiš, nado en Bratislava o 2 de setembro de 1954, é un empresario e político checo de orixe eslovaca. Está considerado o segundo home máis rico da República Checa. É o fundador e propietario do grupo Agrofert, ten o control dos dous principais xornais do país ademais de diversas radios e televisión. En 2011, entrou na escena política checa co seu novo partido ANO 2011. De 2014 a 2017 asumiu o cargo de Viceprimeiro ministro e ministro de Finanzas da República Checa nun goberno de coalición. O 21 de outubro de 2017 o seu partido foi o máis votado co 29,6 % dos votos nas eleccións xerais o que lle permitiu optar ao posto de Primeiro Ministro, cargo que ocupou dende o 6 de decembro de 2017 ata o 28 de novembro de 2021.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

Naceu en Bratislava. O seu pai, Štefán Babiš, era un diplomático e executivo dunha empresa do réxime comunista checoslovaco para a exportación e importación de produtos agrarios. Membro do Partido Comunista de Checoslovaquia, representou a Checoslovaquia durante as negociacións co GATT en Xenebra e como consultor na ONU.[1][2] Grazas á situación do seu pai, Andrej pasou parte da súa infancia entre Francia e Suíza. Máis tarde, estudou nun gymnasium en Bratislava e seguindo o mesmo camiño do seu pai formouse en ciencias económicas na Universidade de Ciencias Económicas, onde estudou comercio internacional.[3] Ingresou axiña na Empresa de Comercio Exterior e en 1980 no Partido Comunista de Checoslovaquia.[3] Como delegado da empresa pública exterior Petrimex estivo destinado en Marrocos de 1985 a 1991. Ademais, polo menos, entre 1982 e 1988 foi axente da ŠtB, a policía secreta da ditadura comunista de Checoslovaquia.[4][5]

A principios da década de 1990, tras o seu regreso a Chequia continuou traballando para Petrimex, conseguindo en 1993 fundar Agrofert, unha compañía subsidaria da anterior pero que logo pasaría a ser propiedade de Babiš.[6] O desenvolvemento desta empresa permitiulle a Babiš ser unha das persoas máis ricas do país,[7] ao tempo que dominaba o sector agroalimentario checo.[8] Ademais, en 2013 adquiriu o grupo de medios Mafra que publica algúns dos xornais máis relevantes de Chequia.[9][10]

Traxectoria política

[editar | editar a fonte]

En 2011, entrou na escena política checa fundando a iniciativa Acción dos Cidadáns Insatisfeitos, xerme do seu novo partido ANO 2011 (en checo: Akce Nespokojených Občanů 2011, é dicir, Acción de Cidadáns Insatisfeitos 2011, significando "ano" en checo "si"). En 2013, o partido presentouse como unha formación de centro e nas eleccións xerais foi a segunda máis votada con 47 deputados recollendo o desencanto da poboación decepcionada pola xestión do goberno durante a crise económica.[3] O seu partido formou parte dun goberno de coalición co Partido Socialdemócrata e os democratacristiáns e Babiš asumiu en xaneiro de 2014 o posto de Viceprimeiro ministro e Ministro de Finanzas.

En febreiro de 2017 promulgouse a chamada Lex Babiš, unha lei de incompatibilidades que lle impediu compaxinar a súa posición como ministro de Finanzas coa dirección das súas empresas, polo que a súa fortuna áchase nun fondo fiducidario e formalmente xa non esta á fronte de Agrofert.

Foi despedido do goberno en maio de 2017, a petición do Primeiro Ministro Bohuslav Sobotka, despois de moitas controversias sobre el. En particular, acúsaselle de realizar transaccións financeiras dubidosas, fraude fiscal e de estar nunha situación de conflito de interese en varias ocasións.[11]

O 2 de maio de 2017, o Primeiro Ministro Bohuslav Sobotka, presentou a súa dimisión e a do seu Goberno tras varios meses, nos que o propio Babiš foi acusado de fraude fiscal.

En outubro de 2017 concorreu ás eleccións xerais celebradas o 21 de outubro á fronte do partido que preside, ANO converténdose no partido máis votado co 29,64 % dos votos, 11 puntos máis ca en 2013.[12] Por detrás veñen tres partidos con moi pouca diferenza de votos, o ODS Partido Democrático Cívico (dereita, euroescéptico) con 11,3%, o Partido Pirata, con 10,7% fronte ao 2,6 de 2013 e a partido Liberdade e Democracia Directa (Svoboda a přímá demokracie - Tomio Okamura, SPD) (do checo-xaponés Tomio Okamura (extrema dereita), con 10,64%. O partido comunista KSCM logrou o 7,76 % fronte ao 14,9% catro anos atrás. O partido socialdemócrata checo, CSSD, do xefe de goberno saínte, Bohuslav Sobotka, rexistrou unha contundente caída pasando do 20,4 de 2013 a 7,2% en 2017.[13][14][15] Malia a que o parlamento checo rexeitou a súa investidura en xaneiro de 2018,[16] finalmente, conseguiría que o presidente Miloš Zeman o volvese propor á cámara lexislativa conseguindo o apoio externo do Partido Comunista de Bohemia e Moravia (KSCM) en xullo de 2018.[17] A fins de decembro de 2020 foi o primeiro checo en recibir a vacina contra o covid-19.[18]

Como primeiro ministro, apoiándose no forte impacto na industria checa, manifestouse contra os plans de descarbonización da Unión Europea e contra a prohibición dos motores de combustión para 2035.[19][20] Paralelamente, é defensor de dar un pulo á enerxía nuclear para loitar contra o cambio climático.[21]

En outubro de 2021, días antes das eleccións parlamentarias, o seu nome aparecía nos "Papeis de Pandora": a maior investigación feita ata entón sobre milleiros de personalidades que recorreron a paraísos fiscais para a evasión de impostos.[22] Segundo a documentación feita pública, en 2009 Babiš moveu 15 millóns de euros a contas das Illas Virxes Británicas para mercar logo, anonimamente, un castelo na Costa Azul francesa, preto de Cannes.[23][24] As eleccións deron un resultado que non se agardaba pois unha coalición de partidos da oposición lograba superar ao partido de Babiš.[25] Aínda que confiaba converterse de novo en primeiro ministro, anunciou que se non o consegue continuará a súa vida política na oposición.[26] Finalmente, o 28 de novembro de 2021 deixou de ser o xefe do goberno sendo substituído por Petr Fiala da conservadora ODS.[27]

Candidatouse ás eleccións presidenciais da República Checa celebradas entre o 13 e o 14 de xaneiro de 2023. Babiš concorreu co apoio do seu partido, ANO, e era un dos candidatos favoritos canda o xeneral retirado Petr Pavel e a académica Danuse Nerudova.[28][29] O escrutinio mostrou un resultado axustado, conseguindo Petr Pavel o 35,40% fronte o 34,99% de Babiš, pasando ambos á segunda volta. Nela, Babiš foi derrotado con contundencia por Pavel, quen sumou o 58,32% contra o 41,68% colleitado polo antigo primeiro ministro.[30]

  1. "E15.cz: Miliardář Babiš koupil Ringier za čtyři miliardy korun". e15.cz - Finanční noviny (originally ČTK). 24 de junio de 2013. Consultado o 29 de agosto de 2013. 
  2. "Rebríček miliardárov: Babiš je medzi najbohatšími ľuďmi sveta!". Nový čas. 12 de marzo de 2010. Consultado o 29 de agosto de 2013. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "ANDREJ BABIŠ, El multimillonario eslovaco que se metió en política". Radio Praga (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2017. 
  4. "A xustiza confirma que o primeiro ministro checo foi un axente da policía política comunista". www.crtvg.es. Consultado o 2021-10-11. 
  5. "Evidence Surfaces Indicating Babiš As Former Agent for Communist Secret Police (StB)" (en inglés). Consultado o 2021-10-11. 
  6. "COMMENT: Why is the next Czech PM surrounding himself with police and spooks?". www.bne.eu (en inglés). 2014-11-14. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2021. Consultado o 2021-10-11. 
  7. "Andrej Babis". Forbes (en inglés). Consultado o 2021-10-11. 
  8. "Buying from Babiš: The politics of Czech grocery shopping". POLITICO (en inglés). 2020-09-11. Consultado o 2021-10-11. 
  9. Francová, Pavla (2013-06-26). "Miliardář Babiš mediálním magnátem. Koupil vydavatele MF Dnes, Lidových novin i Metra". Hospodářské noviny (HN.cz) (en checo). Consultado o 2021-10-11. 
  10. "Mediální skupina MAFRA". www.mafra.cz (en checo). Consultado o 2021-10-11. 
  11. https://www.lorientlejour.com/article/1053579/fin-de-la-crise-gouvernementale-a-prague-cinq-mois-avant-les-legislatives.html
  12. "Andrej Babis, un millonario bajo sospecha que opta a primer ministro checo". La Vanguardia. Consultado o 21 de outubro de 2017. 
  13. "Andrej Babis gana las elecciones de la República Checa". La Vanguardia. Consultado o 22 de outubro de 2017. 
  14. "Un multimillonario al estilo Trump gana las elecciones en República Checa". EL PAÍS (en castelán). 21 de outubro de 2017. Consultado o 21 de outubro de 2017. 
  15. "TABLE-Czech billionaire's ANO party wins big in election". Reuters. Sat Oct 21 19:35:37 UTC 2017. Consultado o 22 de outubro de 2017. 
  16. "O Parlamento checo rexeita a investidura do novo Goberno, liderado polo multimillonario Andrej Babis". www.crtvg.es. Consultado o 2021-10-11. 
  17. "Czech parliament confirms Babiš minority government". POLITICO (en inglés). 2018-07-12. Consultado o 2021-10-11. 
  18. "A vacinación dos grupos de risco en Europa, o primeiro paso cara á volta á normalidade". www.crtvg.es. Consultado o 2021-10-11. 
  19. "Achieving carbon neutrality will cost the Czech Republic 675 billion crowns, says PM Andrej Babiš". news.expats.cz (en inglés). 2019-12-11. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2021. Consultado o 2021-11-01. 
  20. "Czech Republic To Fight The European Union's Internal Combustion Engine Ban". Carscoops (en inglés). 2021-09-13. Consultado o 2021-11-01. 
  21. "COP26: Czechia represented by outgoing PM Andrej Babiš". Radio Prague International (en inglés). 2021-10-31. Consultado o 2021-11-01. 
  22. "Os papeis de Pandora sinalan a Xoán Carlos I, Guardiola, Miguel Bosé ou Julio Iglesias". www.crtvg.es. Consultado o 2021-10-11. 
  23. "Revealed: Czech PM used offshore companies to buy £13m French mansion". the Guardian (en inglés). 2021-10-03. Consultado o 2021-10-11. 
  24. "El primer ministro checo compró un castillo de 15 millones de euros en la costa azul francesa a través de una estructura offshore". www.lasexta.com (en castelán). 2021-10-03. Consultado o 2021-10-11. 
  25. "Czech elections: Anti-Babiš coalitions victorious, Social Democrats and Communists out of lower-house". Radio Prague International (en inglés). 2021-10-09. Consultado o 2021-10-11. 
  26. "Six takeaways from the Czech Republic's historic election". euronews (en inglés). 2021-10-10. Consultado o 2021-10-11. 
  27. "Covid-positive Czech president appointed new PM from plexiglass box". BBC News (en inglés). 2021-11-28. Consultado o 2021-12-19. 
  28. "Présidentielle : Andrej Babiš, candidat avec quelles chances de victoire ?". Radio Prague International (en francés). 2022-10-31. Consultado o 2023-01-14. 
  29. "Petr Pavel, Danuse Nerudova y Andrej Babis, los tres favoritos para las elecciones checas". RFI. 2023-01-13. Consultado o 2023-01-14. 
  30. "Petr Pavel y Andrej Babiš se disputarán la presidencia checa en segunda vuelta". Radio Prague International (en castelán). 2023-01-14. Consultado o 2023-02-05. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]