Saltar ao contido

Partido Democrático Cívico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Partido Democrático Cívico
Logotipo
 Instancia de
 Composto por
 Nome orixinal
Občanská demokratická strana (cs) Editar o valor en Wikidata
 Número de escanos lexislatura
23 Senado da Chéquia (pt) Traducir (1 de abril de 2025)
3 Parlamento Europeo (9 de abril de 2025)
35 Câmara dos Deputados da Chéquia (pt) Traducir (1 de abril de 2025)
26 Câmara dos Deputados da Chéquia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
 Posición política
Implicados
 Fundador/a
 Presidente/a
Martin Kupka 17 de xaneiro de 2026
Petr Fiala 18 de xaneiro de 2014
Petr Nečas 20 de xuño de 2010 - 18 de xaneiro de 2014
Mirek Topolánek 15 de decembro de 2002 - 2010
Václav Klaus 1991 - 2002 Editar o valor en Wikidata
 Membro de
Datas
 Fundación / creación
21 de abril de 1991 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Participou en
Cifras e dimensións
Membros14123 (1 de abril de 2016) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Lugar de formación
 País
Códigos e identificadores
VIAF141422355 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000095859862 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/026wkr Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: ods.cz Twitter: ODScz Instagram: ods.cz Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Občanská demokratická strana ou ODS (en galego Partido Democrático Cívico), é un partido político checo de tendencia conservadora, sendo o principal partido desta tendencia política na República Checa. Está afiliado á Unión Internacional Demócrata a nivel internacional, e a nivel europeo á Alianza dos Conservadores e Reformistas Europeos e afirma ter ideas semellantes ás do británico Conservative and Unionist Party (Partido Conservador Británico), o polonés Platforma Obywatelska (Plataforma Cívica) e o español Partido Popular.

O partido foi fundo o 21 de abril de 1991 trala división do Občanské fórum (Foro Cívico) por Václav Klaus, e dende 2002 foi liderada por Mirek Topolánek. Foi o partido dominador en dous gobernos de coalición na República Checa entre 1992 e 1997. Tamén formou parte do goberno do do Česká strana sociálně demokratická (Partido Socialdemócrata Checo) entre 1998 e 2002 baixo os termos dun pacto formal por escrito entre os dous partidos, o "Acordo de Oposición" (ampliado máis tarde cun novo acordo, denominado "Patente de Tolerancia").

Nas eleccións parlamentarias de 2002, pasou a ser o segundo partido da cámara, con 58 de 200 escanos, e por primeira vez na súa historia pasou a asumir o papel de oposición. O actual presidente checo, Václav Klaus, foi o presidente honorario do partido ata aquela. Nas eleccións ao Parlamento Europeo en xuño de 2004, e nas eleccións ao Senado e ás asembleas rexionais celebradas en novembro dese mesmo ano, o ODS recibiu máis do 30 % dos votos.

Nas eleccións parlamentarias de 2006 foi novamente o partido máis votado, conseguindo 81 escanos na cámara. Formou un goberno de coalición co Křesťanská a demokratická unie – Československá strana lidová (Partido Demócrata Cristián) e o Strana zelených (Partido Verde). O partido sufriu un forte retroceso nas eleccións rexionais e ao Senado, perdendo os 12 gobernadores rexionais que posuía

En xullo de 2006 o ODS asinou un acordo co Conservative and Unionist Party (Partido Conservador Británico) para abandonar o Partido Popular Europeo e formar unha nova formación de centro-dereita denominada Alianza dos Conservadores e Reformistas Europeos en 2009.

Resultados electorais

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]