Chinese Basketball Association

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Chinese Basketball Association
Beijing Ducks vs Shenzhen Leopards.jpg
Fundación1995
PaísFlag of the People's Republic of China.svg China
ConfederaciónFIBA (Asia)
Equipos20
CopaCopa de Francia
Actual campiónFlying Leopards (1º título)
Máis laureadoBayi Rockets e
Southern Tigers (8 títulos)
Sitio webcba-chinaleague.com

A Chinese Basketball Association (do inglés: Asociación de Baloncesto Chinesa; en chinés: 中国男子篮球职业联赛, pinyin: Zhōngguó Nánzǐ Lánqiú Zhíyè Liánsài) é a máxima categoría do baloncesto profesional masculino na República Popular da China. Fundada no ano 1995, está considerada a máis importante competición deste deporte en Asia. A liga é coñecida de forma habitual tanto por fans como en xeral co acrónimo CBA. A CBA non debe confundirse coa National Basketball League (NBL), otra competición profesional chinesa de inferior categoría. Existe tamén a Women's Chinese Basketball Association (WCBA) feminina.

Algúns xogadores chineses desta competición teñen chegado a xogar na National Basketball Association (NBA), entre eles Wang Zhizhi, Mengke Bateer, Yao Ming, Yi Jianlian, Sun Yue ou Zhou Qi. Por outra banda, estrelas da NBA teñen participado nesta competición, entre eles os All-Stars Stephon Marbury, Tracy McGrady, Gilbert Arenas, Steve Francis e Metta World Peace (Ron Artest).

Contexto[editar | editar a fonte]

A CBA comezou a disputarse na temporada 1995–96. Non debe confundirse a competición coa Asociación Chinesa de Baloncesto, organización fundada en xuño de 1956 e que representa ao país na Federación Internacional de Baloncesto (FIBA).[1] Actualmente, o baloncesto chinés está regulado polo Centro de Xestión do Baloncesto Chinés. Outras competición dee baloncesto chinesas importantes son a National Basketball League (NBL), a Chinese University Basketball Association (Liga universitaria, CUBA) e a Chinese High School Basketball League (Liga de Institutos, CHBL). Pouco despois de fundarse a CBA, naceu a Chinese New Basketball Alliance (CNBA, 中国人的新的篮球赛事), outra competición profesional de baloncesto. Porén, só durou funcionou durante a temporada 1996–97. Tivo ademais problemas co seu nome debido ao parecido coa marca NBA da National Basketball Association.[2]

O primeiro xogador non chinés en participar na CBA foi o uzbeko Mihail Savinkov, o cal xogou para os Zhejiang Squirrels na temporada inaugural 1995–96. Durante a temporada 1996–97 chegou o primeiro xogador estadounidense, James Hodges, o cal asinou cos Liaoning Hunters, abrindo o camiño para a chegada de novos xogadores dese país ao longo dos seguintes anos. Outros importantes pioneiros estranxeiros na competición foron John Spencer, que xogou para os Jiangsu Dragons máis tarde durante a temporada 1996–97 e David Vanterpool, que asinou un contrato cos Jilin Northeast Tigers. A nivel de adestradores, o primeiro técnico internacional foi o estadounidense Robert Hoggard, o cal liderou aos Sichuan Pandas durante os últimos oito encontros da temporada 1997–98. Desde aquela teñen participado na competición destacados xogadores a nivel internacional como Stephon Marbury, Tracy McGrady, Steve Francis, Metta World Peace (Ron Artest), Michael Beasley, Jimmer Fredette, Lester Hudson, Kenyon Martin, Shavlik Randolph, J. R. Smith ou Jerome Jordan.

Equipos[editar | editar a fonte]

Localización dos equipos da CBA.
Equipo Cidade Rexión Pavillón Capacidade
División Norte (北區)
Beijing Fly Dragons Pequín Pequín Estadio Nacional Cuberto 6.000
Beijing Ducks Pequín Pequín Cadillac Arena 18.000
Jilin Northeast Tigers Changchun Jilin Changchun Gymnasium 4.299
Liaoning Flying Leopards Benxi Liaoning Liaoning Gymnasium 4.500
Qingdao Eagles Qingdao Shandong Guoxin Gymnasium 12.500
Shandong Golden Stars Jinan Shandong Shandong Arena 8.800
Shanxi Brave Dragons Taiyuan Shanxi Riverside Sports Arena 5.331
Sichuan Blue Whales Chengdu Sichuan Sichuan Provincial Stadium 9.200
Tianjin Gold Lions Tianjin Tianjin Tianjin Arena 10.000
Xinjiang Flying Tigers Ürümqi Xinjiang Hongshan Arena 3.800
División Sur (南區)
Bayi Rockets Ningbo Zhejiang Youngor Arena 5.000
Fujian Sturgeons Quanzhou Fujian Zuchang Gymnasium 6.000
Guangdong Southern Tigers Dongguan Guangdong Dongguan Arena 16.133
Guangzhou Long-Lions Cantón Guangdong Tianhe Gymnasium 8.324
Jiangsu Dragons Nanjing Jiangsu Wutaishan Gymnasium 10.000
Nanjing Monkey King Nanjing Jiangsu Youth Olympic Games 22.000
Shanghai Sharks Shanghai Shanghai Shanghai Indoor Stadium 12.000
Shenzhen Leopards Shenzhen Guangdong Shenzhen Dayun Arena 18.000
Zhejiang Golden Bulls Jinhua Zhejiang Yiwu Meihu 6.000
Zhejiang Lions Hangzhou Zhejiang Hangzhou Gymnasium 5.136

Campións[editar | editar a fonte]

Finais[editar | editar a fonte]

Temporada Campión Resultado Subcampión MVP das Finais
1995–96
Bayi Rockets
2 – 0
Guangdong Southern Tigers
1996–97
Bayi Rockets
2 – 0
Liaoning Hunters
1997–98
Bayi Rockets
3 – 0
Liaoning Hunters
1998–99
Bayi Rockets
3 – 0
Liaoning Hunters
1999–00
Bayi Rockets
3 – 0
Shanghai Sharks Wang Zhizhi (Bayi)
2000–01
Bayi Rockets
3 – 1
Shanghai Sharks Liu Yudong (Bayi)
2001–02
Shanghai Sharks
3 – 1
Bayi Rockets Yao Ming (Shanghai)
2002–03
Bayi Rockets
3 – 1
Guangdong Southern Tigers Liu Yudong (Bayi)
2003–04
Guangdong Southern Tigers
3 – 1
Bayi Rockets Du Feng (Guangdong)
2004–05
Guangdong Southern Tigers
3 – 2
Jiangsu Dragons Zhu Fangyu (Guangdong)
2005–06
Guangdong Southern Tigers
4 – 1
Bayi Rockets Yi Jianlian (Guangdong)
2006–07
Bayi Rockets
4 – 1
Guangdong Southern Tigers Wang Zhizhi (Bayi)
2007–08
Guangdong Southern Tigers
4 – 1
Liaoning Hunters Zhu Fangyu (Guangdong)
2008–09
Guangdong Southern Tigers
4 – 1
Xinjiang Flying Tigers Zhu Fangyu (Guangdong)
2009–10
Guangdong Southern Tigers
4 – 1
Xinjiang Flying Tigers Zhu Fangyu (Guangdong)
2010–11
Guangdong Southern Tigers
4 – 2
Xinjiang Flying Tigers Wang Shipeng (Guangdong)
2011–12
Beijing Ducks
4 – 1
Guangdong Southern Tigers Lee Hsueh-lin (Beijing)
2012–13
Guangdong Southern Tigers
4 – 0
Shandong Gold Lions Yi Jianlian (Guangdong)
2013–14
Beijing Ducks
4 – 2
Xinjiang Flying Tigers Randolph Morris (Beijing)
2014–15
Beijing Ducks
4 – 2
Liaoning Flying Leopards Stephon Marbury (Beijing)
2015–16
Sichuan Blue Whales
4 – 1
Liaoning Flying Leopards Hamed Haddadi (Sichuan)
2016–17
Xinjiang Flying Tigers
4 – 0
Guangdong Southern Tigers Darius Adams (Xinjiang)
2017–18
Liaoning Flying Leopards
4 – 0
Zhejiang Lions Lester Hudson (Liaoning)

Finais por equipo[editar | editar a fonte]

Equipo V D %
13 Guangdong Southern Tigers 8 5 .615
11 Bayi Rockets 8 3 .727
3 Beijing Ducks 3 0 1.000
7 Liaoning Flying Leopards 1 6 .143
5 Xinjiang Flying Tigers 1 4 .200
3 Shanghai Sharks 1 2 .333
1 Sichuan Blue Whales 1 0 1.000
1 Jiangsu Dragons 0 1 .000
1 Shandong Golden Stars 0 1 .000
1 Zhejiang Lions 0 1 .000

Récords[editar | editar a fonte]

Globais[editar | editar a fonte]

Categoría Total Xogador
Puntos 11.287 República Popular da China Zhu Fangyu
Rebotes 4.548 República Popular da China Mengke Bateer
Asistencias 1.807 República Popular da China Hu Xuefeng
Roubos 1.313 República Popular da China Hu Xuefeng
Tapóns 736 República Popular da China Wang Zhizhi
Triplas 1.621 República Popular da China Zhu Fangyu
Mates 498 Estados Unidos Jason Dixon

Nun partido[editar | editar a fonte]

Categoría Total Xogador Data
Puntos 82 Estados Unidos Errick McCollum 30 de xaneiro de 2015
Rebotes 38 Estados Unidos Garth Joseph 20 de marzo de 2002
Asistencias 28 República Popular da China Li Qun 2 de febreiro de 2000
Roubos 13 República Popular da China Ju Weisong Temporada 1995–96
República Popular da China Zhang Yongjun Temporada 1996–97
República Popular da China Hu Xuefeng 1 de decembro de 2004
Tapóns 13 República Popular da China Yao Ming Temporada 2000–01
Costa do Marfil Hervé Lamizana 10 de febreiro de 2010
Estados Unidos Sean Williams 26 de febreiro de 2010
Triplas 15 Estados Unidos Leon Rodgers 11 de marzo de 2009
Dunks 10 Estados Unidos James Hodges Temporada 1998–99
Minutos 67 Irán Samad Nikkhah Bahrami 9 de febreiro de 2014

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Chinese Basketball Association (CBA)". china.org.cn. 26 de xaneiro de 2005. 
  2. "短命联赛CNBA仅存活一年便夭折 NBA曾状告其侵权". Sports 163 (en chinés). 22 de outubro de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]