Malmö
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Escania | ||||
Municipios | Concello de Malmö | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 325.069 (2020) (4.149,99 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 7.833 ha | ||||
Bañado por | Öresund e Sege River (en) | ||||
Altitude | 12 m | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 1353 | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 21X XX | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 040 | ||||
Páxina web | malmo.se |
Malmö, situada no Condado de Escania (Skåne, en sueco), é a terceira cidade máis grande de Suecia con 270.000 habitantes. O seu desenvolvemento vai dende a industrialización ata converterse aos poucos nunha cidade universitaria.
Historia
[editar | editar a fonte]Idade Media
[editar | editar a fonte]Considérase que Malmö foi fundada entre os séculos XII e XIII, cando a rexión de Escania pertencía ao reino de Dinamarca. Nos anos 1200 erixiuse unha pedanía costeira entre a igrexa de Copenhaguen e o arcebispado de Lund. Máis tarde ordenouse construír unha fortaleza no mesmo punto. A partir de 1275 podíase cruzar o estreito de Øresund por barco, o cal impulsou o desenvolvemento comercial de Malmö ao estar dentro da ruta da Liga Hanseática.[1]
En 1319 comezaron as obras da Igrexa de San Pedro, a primeira igrexa gótica de ladrillos dentro das fronteiras actuais de Suecia.
Xa no século XV, Malmö superara en importancia a Lund e era unha das cidades máis poboadas de Dinamarca con aproximadamente 5000 habitantes, un importante mercado e unha puxante industria pesqueira de arenques.[1] Durante o reinado de Erico de Pomerania produciuse a creación da aduana de Øresund (1429), a construción do primeiro castelo de Malmö (1434) e a entrega en 1437 do escudo de armas local: unha cabeza de grifón, máis tarde convertida en símbolo representativo de Escania. Malmö foi tamén un dos primeiros lugares escandinavos que adoptou o luteranismo durante a reforma protestante.
A estrutura orixinal do castelo de Malmö foi derruída a comezos do século XVI, e o rei Cristián III de Dinamarca ordenou a súa reconstrución na década de 1530. Entre 1568 e 1573, a fortaleza foi tamén a prisión de James Hepburn, IV conde de Bothwell, terceiro marido da raíña María I de Escocia.[2]
Idade Moderna
[editar | editar a fonte]Durante todo o século XVII, a rexión histórica de Skåneland no sur da península escandinava foi obxecto de disputa entre Dinamarca e Suecia. Logo da segunda guerra sueco-danesa, o monarca Carlos X Gustavo de Suecia logrou a anexión de Escania mediante o Tratado de Roskilde.[3] A partir do 28 de febreiro de 1658, Malmö quedaría baixo control do reino de Suecia e iniciouse a asimilación cultural de toda a poboación.[3] Tres meses máis tarde estalaría outra guerra entre ambos reinos que concluíu en 1660 coa firma do Tratado de Copenhaguen, certificando a soberanía sueca. En 1677, en plena Guerra Escanesa, máis de 14.000 soldados daneses asediaron o pobo fortificado durante case un mes, pero foron derrotados polos 2000 militares suecos que a defendían.
Os conflitos continuaron a comezos do século XVIII, cando as tropas danesas entraron en Malmö durante a Gran Guerra do Norte (1709). Un ano despois, o batallón sueco a cargo do xeneral Magnus Stenbock logrou expulsar aos daneses e retomar o control. Todos estes episodios, sumados á chegada da peste bubónica, rebaixaron a poboación local a pouco máis de 300 habitantes na década de 1720.
As autoridades suecas asumiron a reconstrución de Malmö cando a situación xa se había estabilizado. Ademais da inauguración dun novo porto en 1775, desenvolvéronse servizos básicos como escolas, hospitais, a central eléctrica e unha planta de tratamento de augas residuais.[1]
Idade Contemporánea
[editar | editar a fonte]A cidade viviu unha época de esplendor grazas ao novo porto e ao comezo da Revolución Industrial. Houbo dous feitos que contribuíron a iso. Por unha banda, o empresario Frans Suell dedicouse a importar tabaco de América do Norte ao resto de Europa durante a Revolución das Trece Colonias, e máis tarde o porto explotaríase como ruta de contrabando durante as Guerras Napoleónicas.[4] E doutra banda, o navieiro Frans Henrik Kockum fundou o estaleiro Kockums Naval en 1840, o que levou a especialización de Malmö no sector industrial.[5][6] Finalmente, o negocio local viuse impulsado en 1856 coa inauguración do ferrocarril entre Malmö e Lund, ampliado en 1874 ata Katrineholm.
En 1870, Malmö superara a Norrköping como a terceira cidade sueca máis habitada, e en 1900 a súa poboación pasaría os 60.000 habitantes. Ao longo do século XX, a chegada de inmigrantes (suecos e estranxeiros) motivou a construción de novas zonas residenciais e vivendas de protección oficial repartidas polo municipio de Malmö. Todas esas casas construíronse baixo o proxecto polo millón de vivendas.[7]
Porén, na década de 1970 produciuse unha grave crise económica que afectou aos estaleiros suecos. Kockums tivo que ser rescatada polo estado, e en 1986 cesou toda a produción de barcos civís para especializarse en buques militares, coa consiguiente destrución de empregos. Ademais, moitas familias de clase media mudáronse a cidades dormitorio como Vellinge, Lomma e Staffanstorp.
Ante esa situación, o municipio apostou pola reconversión industrial a través de dotacións culturais, da remodelación do barrio portuario (Västra Hamnen) e de importantes obras arquitectónicas para reducir o desemprego.[8] Parte dos edificios do antigo estaleiro foron rehabilitados para albergar outras instalacións, tales como o campus da Escola Superior de Malmö (1998).[9] No 2000 inaugurouse o ponte de Øresund que conecta a Malmö con Dinamarca a través do mar Báltico,[10] e en 2005 completáronse as obras do Turning Torso, un rañaceos residencial de 190 metros deseñado por Santiago Calatrava.[11] O xesto que confirmou a transformación de Malmö foi o desmantelamento da guindastre Kockums en 2002. Por outra banda, o centro urbano viviu un proceso de xentrificación.[7]
Malmö foi sede do Festival de Eurovisión en dúas ocasións: 1992 (no Malmö isstadion) e 2013 (no Malmö Arena).[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Malmö history". malmo.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2016. Consultado o 3 de xuño de 2016.
- ↑ "Les Affaires du Conte de Boduel - A translation of Bothwell's Memoirs". www.marie-stuart.co.uk (en inglés). Consultado o 3 de xuño de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 "Freden i Roskilde - Roskildefreden (1658)". www.sydsverige.dk (en danés). Consultado o 3 de xuño de 2016.
- ↑ Bylund, Jesper. "Tobaksindustri". Malmö Stad (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2016. Consultado o 3 de xuño de 2016.
- ↑ "The Stirling Engine: an engine for the future". Saab Solutions (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2016. Consultado o 3 de xuño de 2016.
- ↑ Bylund, Jesper. "Kockums". Malmö Stad (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2016. Consultado o 3 de xuño de 2016.
- ↑ 7,0 7,1 "Malmö: una pequeña gran ciudad". geoface.es. Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2016. Consultado o 3 de xuño de 2016.
- ↑ "Eurovision 2013: Discover the transformation of Malmö". ESCToday (en inglés). 8 de maio de 2013. Consultado o 3 de xuño de 2016.
- ↑ "Malmö University". Study in Sweden (en inglés). Consultado o 3 de xuño de 2016.
- ↑ "Así es el puente escandinavo que asombra en las redes". El País. 10 de febreiro de 2016. Consultado o 3 de xuño de 2016.
- ↑ "Calatrava, premio '10 year Award' por su edificio Turning Torso". El Mundo. 7 de agosto de 2015. Consultado o 3 de xuño de 2016.
- ↑ "La ciudad sueca de Malmö acogerá Eurovisión 2013". El País. 9 de xuño de 2012. Consultado o 10 de xuño de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Malmö |