Concello de Malmö

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 55°35′N 13°2′L / 55.583, -13.033

Concello de Malmö
Malmö kommun
Casa do concello
Escudo
País Suecia Suecia
Landskap Skåne
Condado Escania
Capital Malmö
Área e poboación
Poboación 356 165 habitantes
Censo 2022
Área 334,45 km²
Densidade 2 269,29 hab./km²
Mapa
Outros datos
Web malmo.se


Malmö é un concello sueco do condado de Escania.[1] A súa capital é a cidade de Malmö, a terceira máis grande do país. O muncicipio é parte do Stormalmö (a área metropolitana de Malmö) e constitúe o seu propio distrito electoral nas eleccións parlamentarias en Suecia.

O concello pertence a unha das zonas con maior influencia cultural de Suecia. Durante moito tempo foi un dos concellos industriais máis importantes de Suecia. Porén, no presente os sectores máis grandes son o comercio, os servizos empresariais, e, sobre todo, o sector público.

Dende a formación do municipio en 1971 a poboación disminuíu, pero a tencencia cambiou a pincipios dos anos 2000 e o presente os habitantes continúan aumentando. En setembro de 2022 o municipio tiña unha poboación de 356 165 habitantes.[2] O concello é un forte bastión para os socialdemócratas, que están no poder dende o ano 1994.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello está situado no suroeste do lanskap de Skåne, co Öresund ao oeste. O municipio de Malmö limita ao norte cos concellos de Burlöv e Staffanstorp, ao leste co de Svedala e ao sur co de Vellinge. O concello ten fronteira marítima ao norte cos municipios de Kävlinge e Lomma. No outro lado do Öresund limita cos concellos daneses de Dragør, Tårnby e Copenhague.

Conservación natural[editar | editar a fonte]

No ano 2022 había tres reservas naturais no concello de Malmö: os prados húmidos de Bunkeflo, Foteviksområdet e a canteira de calcaria de Limhamn.[3]

A primeira reserva natural do municipio, os prados húmidos de Bunkeflo, fundouse en 2006 e está administrada polo concello. Nela hai 300 especies distintas de plantas, algunhas delas bastante raras.[4] A seguinte reserva, a da canteira de Limhamn, fundouse en 2010 e tamén está administrada polo municipio. Para acceder á zona, que alberga 2 000 especies diferentes, precísase guía.[5]

Foteviksområdet fundouse en 2011 e tamén está clasificada como unha zona da Rede Natura 2000. A área é o lugar máis importante en Suecia para o moi raro pilro curlibico. Ademais atópanse dúas especies de anfibios moi raras, o sapo verde europeo e o sapo corredor. A tamén rara avelaíña Photedes morrisii pode atparse nas zonas con xuncos.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-12-28. 
  2. "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 3, 2022". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-12-28. 
  3. "Naturreservat". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-12-29. 
  4. "Bunkeflo strandängar". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-12-29. 
  5. "Limhamns kalkbrott". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-12-29. 
  6. "Foteviksområdet". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-12-29.