Jyväskylä
Coordenadas: 62°14′25″N 25°44′40″L / 62.24028, -25.74444
Jyväskylä | ||
---|---|---|
![]() | ||
Vista xeral. | ||
Localización | ||
País | Finlandia | |
Rexión | Finlandia Central | |
Subrexión | Jyväskylä | |
Xeografía | ||
Superficie | 1.466,34 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 131.997 hab. (2012)[1] | |
Densidade | 112,72 hab./km² | |
Outros datos | ||
Alcalde | Markku Andersson | |
Páxina Oficial |
Jyväskylä é unha cidade finlandesa, é a capital e a cidade máis poboada da rexión de Finlandia Central. A cidade é coñecida como a "Atenas de Finlandia" polos numerosos centros educativos que ten. A cidade tamén é famosa polos edificios deseñados por Alvar Aalto, e por ser a sede do Rally de Finlandia e do Festival de Jyväskylä.
Demografía[editar | editar a fonte]
Poboación[editar | editar a fonte]
Jyväskylä foi a cidade finlandesa que maior crecemento experimentou no século XX. A poboación continuou a medrar no século XXI.[2][3][4]
Ano | 1838 | 1850 | 1860 | 1900 | 1939 | 1952 | 1960 | 1970 | 1990 | 1997 | 2010 | 2012 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Poboación de Jyväskylä | 189 | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Linguas[editar | editar a fonte]
A lingua predominante entre os habitantes de Jyväskylä e o finés, falado polo 96,7% da poboación como lingua materna en 2010. A porcentaxe de falantes de sueco é dun 0,2%, mentres que os falantes doutras linguas son un 3% da poboación.
Inmigración[editar | editar a fonte]
A finais do ano 2010 a cidade tiña arredor de 3.100 estranxeiros. A meirande parte dos inmigrantes da cidade proceden de Afganistán, Rusia, Estonia e Irán.[5]
Historia[editar | editar a fonte]
Jyväskylä foi fundada o 22 de marzo de 1837 polo tsar Nicolao I de Rusia e construída do nada. A vila orixinal estaba situada entre o lago Jyväsjärvi (que está conectado ao lago Päijänne) e Harju, o monte de Jyväskylä, e consistía na meirande parte do centro urbano actual. A principios do século XX a cidade experimentou un notable crecemento. A meirande ampliación tivo lugar logo da Guerra de Continuación (segunda guerra mundial), cando acolleu aos refuxiados de Carelia e doutros puntos do país. Hoxe en día Jyväskylä ten un crecemento duns 1.000 habitantes por ano.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Jyväskylä está situada na Järvi-Suomi (Finlandia Lacustre), habendo ata 328 lagos na cidade. Os lagos e ríos constitúen un 20,1% (295 km2) da superficie total da cidade. Os lagos máis grandes son o Päijänne, o Leppävesi, o Tuomiojärvi, o Palokkajärvi, o Luonetjärvi e o Alvajärvi-Korttajärvi. O centro da cidade está situado á beira do pequeno Jyväsjärvi.[6]
A paisaxe de Jyväskylä é montañosa, boscosa e chea de auga. O arquitecto Alvar Aalto comparou a paisaxe montañosa de Jyväskylä coa Toscana italiana: "A pendente de Jyväskylä é case coma as montañas de viñedos de Fiesole".[7]
Clima[editar | editar a fonte]
A latitude é o factor que máis condiciona o clima de Jyväskylä. Debido á súa situación setentrional, o inverto é longo, con neve, frío e escuro. Durante os meses centrais do inverno a cidade ten unicamente cinco horas de luz. Os veráns son suaves e cunha temperatura diaria media máxima de 22 °C en xullo. Durante o verán Jyväskylä experimenta longos días e noites luminosas coma o sol da media noite.
![]() | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Ano |
Temperatura media máxima (°C) | -5,1 | -4,7 | 0,4 | 7 | 14,8 | 19 | 21,8 | 19 | 13 | 6,4 | 0,3 | -3,3 | |
Temperatura media mínima (°C) | -12 | -12,7 | -8,3 | -2,7 | 2,7 | 7,9 | 10,9 | 9,2 | 4,7 | 0,8 | -4,5 | -9,5 | |
Precipitacións (mm) | 45 | 32 | 36 | 35 | 44 | 67 | 84 | 78 | 55 | 66 | 54 | 47 | |
Fonte: Climatological statistics for the normal period 1981–2010[8] |
Deportes[editar | editar a fonte]
O principal deporte da cidade é o hóckey sobre xeo, o seu principal equipo, o JYP, compite na máxima categoría deste deporte no país, a SM-liiga, competición que gañou en 2009 e 2012. O seu equipo de fútbol xoga na terceira división.
A cidade tamén é coñecida por ser a sede do Rally de Finlandia, que xeralmente se disputa na rexión a primeira fin de semana de agosto, atraendo a gran cantidade de público.
Jyväskylä é un dos catro principais centros do salto de ski do país, sendo a cidade natal do gran campión finlandés desta modalidade, Matti Nykänen.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2012. Consultado o 06 de xuño de 2012.
- ↑ "A short history of Jyväskylä". A short history of Jyväskylä. City of Jyväskylä. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016.
- ↑ "Jyväskylän kaupungin elinkeinoelämän vaikuttavuus 1990-luvulla" (PDF). Jyväskylän kaupungin elinkeinoelämän vaikuttavuus 1990-luvulla. University of Jyväskylä.
- ↑ "Mouvement de la Population de Finlande en 1939" (PDF). Official Finnish population statistics 1939. Finnish Government.
- ↑ "City of Jyväskylä: For immigrants". City of Jyväskylä. 2012. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2012.
- ↑ "Jyväskylä". Järviwiki. Finland's Environmental Administration. 2012.
- ↑ Nature and space: Aalto and Le Corbusier, en Routledge (2003)
- ↑ Finnish Meteorological Institute (2011). "Tilastoja Suomen ilmastosta - Climatological Statistics of Finland". Finnish Meteorological Institute.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Sitio web oficial Arquivado 21 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine.