Condado de Escania
Para o asteroide véxase: (460) Scania.
Para a histórica provincia e comarca sueca véxase: Escania.
Para o fabricante sueco véxase: Scania.
Skåne Skåne län | |
![]() | |
Escudo | |
Capital | Malmö |
Poboación | 1 340 415 habitantes |
Censo | 2017 |
Área | 11 035 km² |
Densidade | 120 hab./km² |
Mapa | |
![]() |
O Condado de Escania, ou Skåne län, é o máis meridional dos condados ou län que se atopan en Suecia. O condado fai fronteira cos condados de Halland, Kronoberg e Blekinge.
O Condado de Escania posúe o 3 % do total da superficie sueca, e ten unha poboación de arredor de 1 200 000 habitantes (o 13 % da poboación sueca). O condado atópase dividido en 33 concellos ou kommuner, os máis importantes son Malmö (270.000 habitantes), Helsingborg (122.000), Lund (103.000 habitantes) e Kristianstad (75.000 habitantes).