Falun

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Falun
Falun
Falun vapen.svg
Falun från Radiohuset.jpg
Localización
Falun en Suecia
Falun
Falun
País Flag of Sweden.svg Suecia
Condado Dalarna
Municipio Falun
Xeografía
Altitude 110 msnm
Superficie 27,17 km²
Demografía
Poboación 38 039
Outros datos
http://www.falun.se/

Falun é unha cidade sueca capital do municipio de Falun e do condado de Dalarna. No ano 2017 tiña 38 039 habitantes.[1] Falun forma, xunto con Borlänge, unha área metropolitana con preto de 100 000 habitantes.

Falun foi orixinalmente famosa pola súa mina de cobre, e no presente é unha importante cidade industrial e de servizos aínda que a mina está pechada dende o ano 1992.

O Faluån é un río que separa a cidade en dúas partes. A mina de cobre de Falu está nun dos lados e durante séculos foi un dos maiores negocios de Suecia. Nesta parte do río os fume tóxico da mina contaminou o chan e poucas plantas medraban. Na outra parte, a onde o fume non chegaba, establecéronse un bo número de vilas. O centro da cidade está formado por clásicas rúas peonís con pequenas tendas.

No ano 2001 a cidade, a mina de cobre e as zonas mineiras de Falun foron engadidas á lista de lugares Patrimonio da Humanidade da Unesco.[2] A Universidade de Dalarna, que ten uns 18 000 estudantes, ten un campus en Falun, próximo ao estadio nacional de esquí onde se celebrou varias veces o campionato mundial deste deporte, a última delas en 2015.

Elementos característicos de Falun son o Falu rödfärg (cor vermella tradicional nas casas suecas), o Falu rågrut (un tipo de pan duro), o Falu ättika (un tipo de vinagre) e o Falukorv (unha salchicha típica de Suecia).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Statistiska centralbyrån (ed.). "Tätorter 2015; befolkning 2010-2017, landareal, andel som överlappas av fritidshusområden". Consultado o 16 de xuño de 2018. [Ligazón morta]
  2. Unesco (ed.). "Mining Area of the Great Copper Mountain in Falun". Consultado o 16 de xuño de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]