Borås
Borås | |
---|---|
Borås | |
![]() | |
Casa do Concello. | |
Localización | |
País | ![]() |
Condado | Västra Götaland |
Xeografía | |
Superficie | 29.61 km² |
Demografía | |
Poboación | 111 026 |
Borås é unha cidade que se atopa no país escandinavo de Suecia. Foi recoñecida como cidade en 1621.
Tivo un importante desenvolvemento na súa industria téxtil a finais do século XIX e comezos do século XX, e sede de importantes firmas comerciais de vendas por catálogo (mail order). O carácter comercial da súa historia naceu cos comerciantes ambulantes, chamados knalle ou knallarna, que percorrían a rexión no século XVI, vendendo os seus produtos.
Actualmente segue mantendo a súa calidade de situación xeográfica estratéxica ao ser un punto central entre as cidades de Gotemburgo, Jönköping e tamén da veciña Noruega; sendo sede de importantes centros comerciais e industriais, e de puntos turísticos e culturais.
É tamén unha cidade universitaria, xa que a Högskolan i Borås (Escola Superior de Borås) acolle distintas titulacións superiores, repartidas entre dous centros: a Textilhögskolan (Escola Superior de Estudos textis) e a Bibliotekshögskolan (Escola de Biblioteconomía).[1] En 2017 a universidade contaba con 11 000 estudantes e 730 traballadores aproximadamente.[2]
Integrados neste campus destacan o Museo Téxtil e o Textile Fashion Center.[3]
Datos xeográficos[editar | editar a fonte]
A finais de 2017 tiña unha poboación de 111 026 habitantes, cunha idade media de 40.6 anos.[4] Abarca unha superficie total de 29.61 km cadrados.
Distritos[editar | editar a fonte]
Subdistrito municipal de Göta
Subdistrito municipal de Sjöbo
Subdistrito municipal de Brämhult
Subdistrito municipal de Norrby
Subdistrito municipal de Centrum (centro)
Subdistrito municipal de Sandhult
Vida cultural[editar | editar a fonte]
Un dos eventos culturais máis importantes é a edición anual de No Limit, un certame de arte de rúa que congrega numerosos artistas que realizan murais, instalacións e esculturas por toda a cidade, convertendo desta maneira o espazo público nunha sala de exposición aberta. A primeira edición tivo lugar en setembro de 2014. Este certame ten alcanzado moita proxección tanto a nivel nacional como internacional.[5]
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Sitio web da universidade" (en sueco e inglés). Consultado o 13 marzo 2018.
- ↑ "About the University of Borås". Sitio web da universidade (en sueco e inglés). Consultado o 23 marzo 2018.
- ↑ "Sitio web do Textile Fashion Center" (en sueco e inglés). Consultado o 23 marzo 2018.
- ↑ "Population in the country, counties and municipalities on 31/12/2017 and Population Change in 2017". SCB (Statistics Sweden) (en sueco e inglés). Arquivado dende o orixinal o 08/03/2018. Consultado o 23 marzo 2018.
- ↑ No Limit: Street Art Boras, Sweden 3-10th of September 2017 [plano]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Borås |