O zulú[1] (en zulú, isiZulu) é unha lingua africana da familia nguni, que pertence ao grupo bantú, falada pola xente do pobo zulú. Fálana uns 10 millóns de persoas, que nun 95% viven en Suráfrica, onde é un dos 11 idiomas africanos oficiais desde 1994 e fálao o 25% da poboación. Ensínase en zulú na educación primaria e secundaria e tamén se editan libros e revistas.
O substantivo consta de prefixo e radical: hai 15 prefixos diferentes, 13 dos cales se usan actualmente e os outros dous son arcaísmos. O plural expresase cun prefixo, por exemplo: inja "can" – izinja "cans".
Verbo:
No tempo de presente, os verbos regulares acaban en -a: sebenza "eu traballo".
No tempo pasado, o verbo acaba en -e: umlimi ulime izinsimu "O labrador cultiva os campos".
O futuro indícase coa partícula zo infixada no verbo: Abafundi bazofunda amabhuku "Os estudantes lerán os libros".