Lingua fang
Aparencia
| Lingua fang | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
| Propiedades | |||||||||||||||
|
Número de falantes
| |||||||||||||||
|
Alfabeto
| |||||||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||
O fang[1] é unha lingua africana central falada por preto de 1 millón de persoas do pobo fang no Camerún, Gabón, Guinea Ecuatorial, San Tomé e Príncipe e a República do Congo. É a lingua bantú dominante de Gabón e Guinea Ecuatorial. Está relacionada coas linguas bulu e ewondo do sur do Cameroon. Baixo o goberno do presidente Macías Nguema, entre 1970 e 1979, o fang foi a lingua oficial de Guinea Ecuatorial.
Existen moitas variedades dialectais do fang en Gabón e o Camerún. Maho (2009) clasifica o fang do sur como unha lingua diferente. Os outros dialectos son o ntoumou, o okak, o mekê, o atsi (batsi), o nzaman (zaman), o mveni e o mvaïe.