Wilhelm Bleek
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2015.) |
Wilhelm Bleek | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 8 de marzo de 1827 |
Lugar de nacemento | Berlín |
Falecemento | 17 de agosto de 1875 |
Lugar de falecemento | Cidade do Cabo |
Nacionalidade | Reino de Prusia |
Alma máter | Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn |
Ocupación | antropólogo, lingüista, fotógrafo, filólogo, etnólogo e africanist |
Pai | Friedrich Bleek |
Fillos | Dorothea Bleek |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Wilhelm Heinrich Immanuel Bleek, nado en Berlín (daquela pertencente ao reino de Prusia) o 8 de marzo de 1827 e finado o 17 de agosto de 1875, foi un lingüista alemán. O seu traballo máis importante foi Gramática Comparativa das Linguas Surafricanas.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi o fillo máis vello de Friedrich Bleek, profesor de teoloxía nas universidades de Berlín e de Bonn, e de Augusta Charlotte Marianne Henriette Sethe. De 1845 a 1848 estudou teoloxía en Bonn e máis tarde marchou a Berlín para estudar hebreo, onde foi estudante de Carl R. Lepsius. A súa tese de doutoramento (1851) tratou sobre a clase dos substantivos. En 1853, foi a África a estudar as linguas khoisas e as linguas bantús e comezou a escribir unha gramática do zulú. Na súa grande obra, Gramática Comparativa, estudou os prefixos dos substantivos das linguas bantú e introduciu un sistema numeral de clases que xa non se emprega hoxe en día.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Handbook of African, Australian and Polynesian Philology. (3vols.) Cape Town - Londres, (1858–63)
- A Comparative Grammar of South African Languages. Londres, Trübner & Co. (1862: Part I; 1869: Part II)
- Reynard the Fox in South Africa; or Hottentot Fables and Tales. (Chiefly translated from original manuscripts in the library of His Excellency Sir George Grey) Londres, Trübner & Co. (1864)
- Über den Ursprung der Sprache. (Herausgegeben mit einem Vorwort von Dr. Ernst Haeckel.) Weimar, H. Böhlau (1868)
- Specimens of Bushman Folklore. (por Wilhelm Bleek e Lucy Lloyd) Londres, G. Allen (1911)