A lingua ndebele meridional ou isiNdebele ou tamén sindebele é unha lingua bantú falada en tres países do sur da África polo pobo ndebele. Hai dous dialectos do ndebele na África do Sur: o do Transvaal norte e o do Transvaal sur. Segundo datos de 2006 tiña uns 640.000 falantes.[1]
Cando imperaba o réxime do apartheid surafricano, creouse un bantustán co nome de KwaNdebele, e instalouse alí unha emisora de radio que transmitía nesa lingua. A Biblia foi completamente traducida ao ndebele en 1978.