Saltar ao contido

Košarkaška liga Srbije

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaKošarkaška liga Srbije
Tipoliga de baloncesto Editar o valor en Wikidata
OrganizadorBasketball Federation of Serbia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Liga superiorEuroleague Basketball Editar o valor en Wikidata
Liga inferiorLiga Sérvia de Basquetebol (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Número de participantes18 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónSerbia 43°57′N 20°56′L / 43.95, 20.93 Editar o valor en Wikidata
Vixencia2006 – Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoKK Crvena zvezda
(2018)

KK Crvena zvezda
(2017)

KK Crvena zvezda
(2016)

KK Crvena zvezda
(2015)

KK Partizan
(2014)

KK Partizan
(2013)

KK Partizan
(2012)

KK Partizan
(2011)
Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialkls.rs Editar o valor en Wikidata

A Košarkaška liga Srbije (en serbio: Кошаркашка лига Србије, Liga de baloncesto de Serbia), coñecida por motivos de patrocinio como Meridianbet KLS, é a principal competición de baloncesto profesional de Serbia. Fundada no ano 2006, a liga está organizada pola Federación de Baloncesto de Serbia (Кошаркашки савез Србије). Antes do ano 2006 a Liga (YUBA Liga) tamén incluía equipos de Montenegro, mais desde a independencia do país os equipos montengrinos xogan a súa propia competición, a Prva A Liga.

A Liga, organizada pola Federación de Baloncesto de Servia (Košarkaški savez Srbije, KSS), consiste en dúas fases a primeira denomínase Primeira División e consta de 14 equipos, mentres que a segunda recibe o nome de Super Liga e consta de 12 equipos. Desde a temporada 2017–18 os oito primeiros clasificados da Primeira División clasifícanse para xogar a Super Liga, na cal se inclúen os catro equipos serbios que participan na Liga do Adriático (ABA Liga).

Os dous equipos peor clasificados da Primeira División perden a categoría, descendendo á Segunda División da KLS, mentres que os que ocuparon o primeiro e segundo lugar, obteñen a clasificación para a Segunda División da Liga do Adriático. Por outra banda, os doce equipos da Super Liga divídense en dous grupos de seis equipos. Os dous primeiros clasificados de cada grupo clasifícanse para a fase de playoffs. Esta fase consiste nunha rolda de semifinais ao mellor de tres xogos e nunha final ao mellor de cinco. Actualmente os equipos da KLS deben dispor dun pavillón con capacidade mínima para 1.000 espectadores.

Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, a Liga foi coñecida como:

  • Sinalco KLS (2006–2007)
  • Swisslion KLS (2007–2009)
  • Košarkaška liga Srbije (2009–2011)
  • Agroživ KLS (2011–2013)
  • Košarkaška liga Srbije (2013–2016)
  • Mozzart KLS (2016–2019)
  • AdmiralBet KLS (2019–2025)
  • Meridianbet KLS (2025–presente)

Comisionados

[editar | editar a fonte]

Os seguintes son os comisionados que dirixiron a Liga desde a súa fundación no ano 2006:

  • Tihomir Bubalo (2006–2011)
  • Predrag Bojić (2011–2013)
  • Darko Jovičić (2013–presente)

Os seguintes son os equipos que compiten na temporada 2025−26 da KLS.[1] Os clubs que participan na ABA Liga (Primeira División da Liga do Adriático) están representados sobre fondo amarelo e os que participan na ABA Liga 2 (Segunda División da Liga do Adriático) en azul.

Equipo Cidade Pavillón Capacidade
BKK Radnički Belgrado SC Šumice 1.000
Borac Mozzart Čačak Hala Borac 3.000
Crvena zvezda Meridianbet Belgrado Hala Aleksandar Nikolić 5.878
Čačak 94 Quantox Čačak Hala Borac 3.000
Dynamic Balkan Bet Belgrado Hala Ranko Žeravica 5.000
FMP Soccerbet Belgrado Dvorana Železnik 3.000
Hercegovac Gajdobra Gajdobra SC 800
Joker 361 Sombor Moštonga 1.000
Mega MIS Belgrado Pabellón Mega Fábrica 700
Metalac Valjevo Hala Sportova u Valjevu 1.500
Mladost MaxBet Zemun Hala Master 750
OKK Beograd Belgrado Pabellón Mega Fábrica 700
Partizan NIS Belgrado Štark Arena 18.386
Sloboda Užice Hala Veliki Park 2.200
Sloga Kraljevo Hala Sportova u Kraljevu 3.350
Spartak Office Shoes Subotica Hala Sportova u Subotici 3.000
SPD Radnički Kragujevac Hala Jezero 3.750
Tamiš Pančevo Hala Sportova Strelište 1.100
Vojvodina mts Novi Sad Sportski Centar Vojvodina 7.022
Vršac Meridianbet Vršac Centar Milenijum 4.400
Zlatibor Gold Gondola Čajetina Sportski Centar Čajetina 1.000

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Por equipo

[editar | editar a fonte]
Club Campión Temporadas Subcampión
Crvena zvezda 9 2015, 2016, 2017, 2018, 2019, 2021, 2022, 2023, 2024 5
Partizan 9 2007, 2008, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2025 4
FMP 0 4
Vršac 0 3
Mega 0 1
Spartak 0 1

Palmarés histórico

[editar | editar a fonte]
Equipos campións de liga serbios incluíndo a YUBA Liga (1945–presente):
Equipo Campión Temporadas Subcampión
Crvena Zvezda 24 1946, 1947, 1948, 1949, 1950, 1951, 1952, 1953, 1954, 1955, 1969, 1972, 1993, 1994, 1998, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019, 2021, 2022, 2023, 2024 14
Partizan 22 1976, 1979, 1981, 1987, 1992, 1995, 1996, 1997, 2002, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2025 18
OKK Beograd 4 1958, 1960, 1963, 1964 1
Proleter Zrenjanin 1 1956 4
Radnički Beograd 1 1973 0
Temporada Vantaxe de campo Resultado Desvantaxe de campo 1º da Super Liga Récord
2006−07 Partizan 3–1 Crvena zvezda Hemofarm Vršac 12–2
2007−08 Partizan 3–1 Hemofarm Vršac Partizan 12–2
2008−09 Partizan 3–2 Crvena zvezda Partizan 6–0
2009−10 Partizan 3–0 Hemofarm Vršac Partizan 13–1
2010−11 Partizan 3–0 Hemofarm Vršac Partizan 13–1
2011−12 Partizan 3–1 Crvena zvezda Partizan 12–2
2012−13 Partizan 3–1 Crvena zvezda Partizan 12–2
2013−14 Partizan 3–1 Crvena zvezda Partizan 13–1
2014−15 Crvena zvezda 3–0 Partizan Crvena zvezda 13–1
2015−16 Crvena zvezda 3–1 Partizan Crvena zvezda 6–0
2016−17 Crvena zvezda 3–0 FMP Crvena zvezda 13–1
2017−18 Crvena zvezda 3–0 FMP FMP 9–1
2018–19
Crvena zvezda
3–1
Partizan Crvena zvezda / Partizan
10–0
2019−20
Temporada cancelada pola pandemia de COVID-19
2020−21
Crvena zvezda
2–1
Mega Basket Non celebrada
2021−22
Crvena zvezda
2–0
FMP Non celebrada
2022−23
Crvena zvezda
2–0
FMP Non celebrada
2023−24
Crvena zvezda
2–0
Partizan Non celebrada
2024−25
Partizan
2–0
Spartak Non celebrada

Xogadores destacados

[editar | editar a fonte]