Concello de Jönköping
Coordenadas: 57°47′N 14°12′L / 57.783, -14.200
Municipio de Jönköping Jönköpings kommun | |
Casa do concello | |
![]() | |
Escudo | |
País | ![]() |
Landskap | Småland |
Condado | Jönköping |
Capital | Jönköping |
Área e poboación | |
Poboación | 144 070 habitantes |
Censo | 2022 |
Área | 1 924,97 km² |
Densidade | 97,33 hab./km² |
Mapa | |
![]() | |
Outros datos | |
Web | jonkoping.se |
Jönköping é un concello sueco (kommun) do condado de Jönköping.[1] A súa capital é a cidade de Jönköping, que tamén é a capital do condado. No ano 2022 vivían no concello 144 070 habitantes.[2]
O municipio está situado no noroeste do landskap de Småland, no extremo sur do lago Vättern. O concello de Jönköping limita ao noroeste cos de Mullsjö e Habo, ámbolos dous no condado de Jönköping. Ao nordés limita co concello de Ödeshög no condado de Östergötland, ao leste cos de Tranås, Aneby e Nässjö, e ao sur cos de Vaggeryd e Gislaved, todos en Jönköping. Ao oeste limita cos de Tranemo e Ulricehamnno condado de Västra Götaland.
A meirande parte do concello atópase en Tveta e Vista, dous dos folkland tradicionais de Småland.
Administración histórica[editar | editar a fonte]
A área do concello correspóndese coa das parroquias de Angerdshestra, Bankeryd, Barnarp, Bottnaryd, Gränna, Hakarp, Järsnäs, Järstorp, Lekeryd, Ljungarum, Mulseryd, Månsarp, Norra Unnaryd, Rogberga, Sandseryd, Skärstad, Svarttorp, Visingsö, Ödestugu, Öggestorp e Ölmstad. Nelas fundáronse concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862. Dentro da área tamén estaban as cidades de Jönköping e de Gränna que en 1863 formaron cadansúa cidade municipal.
No ano 1907 o köping de Huskvarna separouse do municipio rural de Hakarp para transformarse na cidade de Huskvarna en 1911. En 1910 o concello rural de Ljungarum incorporouse á cidade de Jönköping. No ano 1943 o municipio rural de Sandseryd foi remodelado no köping de Norrahammar. En 1951 o municipio rural de Järstorp dividíuse, pasando unha parte a Bankeryd e outra á cidade de Jönköping.
Coa reforma municipal de 1952 naceron os concellos grandes de Lekeryd (a partir dos anteriores municipios de Järsnäs, Lekeryd e Svarttorp), Norra Mo (de Angerdshestra, Bottnaryd e Mulseryd), Skärstad (de Skärstad e Ölmstad), Södra Mo (de Norra Hestra, Norra Unnaryd, Stengårdshult, Valdshult e Öreryd), e Tenhult (de Barnarp, Rogberga, Ödestugu e Öggestorp). Ao mesmo tempo o municipio rural de Gränna fusionouse coa cidade do mesmo nome. Porén, os concellos rurais de Bankeryd, Hakarp, Månsarp e Visingsö, ao igual que as cidades de Huskvarna e Jönköping, non se viron afectados.
No ano 1967 o concello rural de Hakarps uniuse á cidade de Huskvarna.
O concello de Jönköping fundouse coa reforma municipal de 1971 a partir das cidades de Jönköping, Huskvarna e Gränna, do köping de Norrahammar e dos concellos rurais de Bankeryd, Lekeryd, Månsarp, Norra Mo, Skärstad, Tenhult e Visingsö, así como dunha parte do concello de Södra Mo (a parroquia de Norra Unnaryd).[3]
Dende a súa fundación o municipio pertence ao partido xudicial de Jönköping.[4]
Demografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-09-11.
- ↑ "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-09-11.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784.
- ↑ "Domsagohistorik - Jönköpings tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 16 de setembro de 2022.