Wade Baldwin IV
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 29 de marzo de 1996 Belle Mead | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Educación | St. Joseph High School (en) Universidade Vanderbilt (pt) Immaculata High School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 193 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 92 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2016 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Liga | NBA G League, National Basketball Association, Baloncesto masculino da División I da NCAA e Basketball Bundesliga | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Base | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Número deportivo | 2 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Convocado por | Memphis Grizzlies | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 16 de outubro de 2018 | Tempada 2018-19 da NBA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 2018–19 NBA G League season (en) |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Wade Manson Baldwin IV, nado o 29 de marzo de 1996 en Belle Mead, Nova Jersey, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no Maccabi Tel Aviv BC da Ligat HaAl.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O 23 de xuño de 2016, Baldwin foi seleccionado na 17ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Memphis Grizzlies.[1] O 16 de xullo de 2016, asinou o seu contrato de rookie cos Grizzlies.[2]
O 19 de outubro de 2017, Baldwin asinou cos Portland Trail Blazers.[3]
O 4 de febreiro de 2019, Baldwin foi traspasado xunto a Nik Stauskas e dúas eleccións da segunda rolda do Draft ós Cleveland Cavaliers, a cambio de Rodney Hood.[4] Tres días máis tarde, o 7 de febreiro de 2019, Baldwin foi traspasado xunto a Iman Shumpert, Nik Stauskas e unha elección da segunda rolda do Draft de 2021 ós Houston Rockets, nun traspaso entre tres equipos que tamén mandou a Brandon Knight, Marquese Chriss e dúas futuras eleccións do Draft ós Cleveland Cavaliers, e a Alec Burks e unha elección da segunda rolda do Draft de 2020 ós Sacramento Kings.[5] Horas máis tarde foi traspasado de novo xunto a Stauskas e unha elección da segunda rolda do Draft de 2021 e os dereitos de Maarty Leunen, desta vez ós Indiana Pacers.[6] O 8 de febreiro, foi cortado polos Pacers.[7]
O 17 de xullo de 2019, Baldwin asinou co Olympiacos BC grego.[8] O 27 de xullo de 2020, fíxose oficial a fichaxe de Baldwin polo FC Bayern München da Basketball Bundesliga.[9] O 10 de xullo de 2021, Baldwin asinou co Saski Baskonia da Liga ACB.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Grizzlies select Wade Baldwin IV in First Round of 2016 NBA Draft". NBA.com. 24 de xuño de 2016. Consultado o 20 de novembro de 2016.
- ↑ "Grizzlies sign 2016 1st Round Draft Pick Wade Baldwin IV to multi-year contract". NBA.com. 16 de xullo de 2016. Consultado o 16 de xullo de 2016.
- ↑ "Trail Blazers sign Wade Baldwin to two-way contract". NBA.com. 19 de outubro de 2017. Consultado o 20 de outubro de 2017.
- ↑ "Trail Blazers acquire Rodney Hood". NBA.com. 4 de febreiro de 2019. Consultado o 4 de febreiro de 2019.
- ↑ "Shumpert headed to Rockets in three-team deal". NBA.com. 7 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de febreiro de 2019.
- ↑ "Pacers Complete Trade with Houston Rockets". NBA.com. 7 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de febreiro de 2019.
- ↑ "Pacers Waive Stauskas and Baldwin". NBA.com. 8 de febreiro de 2019. Consultado o 8 de febreiro de 2019.
- ↑ "Olympiacos signs Wade Baldwin". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2019. Consultado o 17 de xullo de 2019.
- ↑ Wade Baldwin officially joins Bayern Munich
- ↑ "Wade Baldwin officially inks with Saski Baskonia". Saski Baskonia. 10 de xullo de 2021. Consultado o 10 de xullo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 31 de xullo de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1996
- Nados en Nova Jersey
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Bases de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Memphis Grizzlies
- Xogadores dos Memphis Grizzlies
- Xogadores dos Portland Trail Blazers
- Xogadores do Olympiacos BC
- Xogadores do FC Bayern München (baloncesto)
- Xogadores do Saski Baskonia
- Xogadores do Maccabi Tel Aviv BC