Matthew Dellavedova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Matthew Dellavedova
Matt Dellavedova Cavs 2014.jpg
Cleveland Cavaliers – No. 18
Base / Escolta
Información persoal
Nacemento 8 de setembro de 1990 (28 anos)
Victoria Maryborough, Victoria
Nacionalidade Australia Australia
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 91 kg (200 lb)
Información da carreira
Instituto Maryborough (Victoria)
Universidade Saint Mary's (2009–2013)
NBA Draft 2013 / Elección: Sen draftear
Carreira desde 2013
Historial de equipos
Cleveland Cavaliers (2013–2016)
Milwaukee Bucks (2016–2018)
Cleveland Cavaliers (2018–presente)
Premios e galardóns
Campión NBA (2016)

Matthew Dellavedova, nado o 8 de setembro de 1990 en Maryborough, Victoria, é un xogador de baloncesto internacional australiano que xoga como base ou escolta nos Cleveland Cavaliers da National Basketball Association (NBA). Antes de ser profesional xogou para a Universidade de Saint Mary's entre 2009 e 2013.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Australia, Matthew Dellavedova, xogou no baloncesto universitario estadounidense durante catro tempadas cos "Gaels" da Universidade de Saint Mary's de California, nas que fixo unha media de 14,2 puntos, 3,4 rebotes e 5,6 asistencias por partido.[1] Nas súas tres últimas temporadas foi incluído no mellor quinteto da West Coast Conference,[2] sendo ademais elixido Xogador do Ano en 2012 e galardoado co Premio Lou Henson en 2013 ao xogador máis destacado das universidades consideradas mid-major da NCAA. Acabou a súa carreira universitaria como líder histórico dos Gaels en anotación, con 1.933 puntos, asistencias, porcentaxe de tiros libres, partidos como titular e partidos disputados.[2] Debido a isto o seu dorsal co número 4 está retirado pola universidade.

Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2013, disputou a Liga de Verán da NBA cos Cleveland Cavaliers, cos que acabou asinando contrato no mes de setembro. Tras a lesión de Kyrie Irving nos Play-Offs da temporada 2014-15, converteuse nun dos xogadores máis importantes do seu equipo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Matthew Dellavedova Stats". Sports Reference (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2015. 
  2. 2,0 2,1 "Matthew Dellavedova Profile". SMCGaels (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 12 de agosto de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]