Channing Frye

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Channing Frye
Channing Frye Suns cropped.jpg
Ala-pivote / Pivote
Información persoal
Nacemento 17 de maio de 1983 (36 anos)
Flag of New York.svg White Plains, Nova York
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso oficial 116 kg (255 lb)
Información da carreira
Instituto St. Mary's (Phoenix, Arizona)
Universidade Arizona (2001–2005)
NBA Draft 2005 / Rolda: 1 / Elección: 8

Por New York Knicks

Carreira 2005–2019
Historial de equipos
New York Knicks (2005–2007)
Portland Trail Blazers (2007–2009)
Phoenix Suns (2009–2014)
Orlando Magic (2014–2016)
Cleveland Cavaliers (2016–2018)
Los Angeles Lakers (2018)
Cleveland Cavaliers (2018–2019)
Premios e galardóns

Channing Thomas Frye, nado en White Plains, Nova York, o 17 de maio de 1983, é un ex-xogador estadounidense de baloncesto profesional que xogou durante 14 tempadas na National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Frye foi elixido na 8ª posición do Draft da NBA de 2005 polos New York Knicks.[1] Ó remate da súa tempada de rookie, foi incluído no mellor quinteto de rookies da tempada 2005-06.

O 28 de xuño de 2007, Frye foi traspasado xunto a Steve Francis ós Portland Trail Blazers, a cambio de Zach Randolph, Fred Jones e Dan Dickau.[2]

O 14 de xullo de 2009, Frye asinou cos Phoenix Suns un contrato de dous anos e 3.8 millóns de dólares.[3] En febreiro de 2010, Frye foi elixido para xogar o concurso de triplas do All-Star Weekend da NBA, converténdose no primeiro pivote en participar dende Sam Perkins en 1997.[4] O 8 de xullo de 2010, Frye asinou un novo contrato cos Suns por cinco anos e 30 millóns de dólares.[5]

O 14 de xullo de 2014, Frye asinou cos Orlando Magic un contrato por catro anos e 32 millóns de dólares.[6]

O 18 de febreiro de 2016, Frye foi traspasado ós Cleveland Cavaliers a cambio de Jared Cunningham e unha futura elección da segunda rolda do Draft.[7]

O 8 de febreiro de 2018, Frye foi traspasado xunto a Isaiah Thomas e unha elección da primeira rolda do Draft de 2018 ós Los Angeles Lakers, a cambio de Jordan Clarkson e Larry Nance, Jr..[8]

O 19 de xullo de 2018, Frye asinou cos Cleveland Cavaliers.[9] O 1 de marzo de 2019, Frye anunciou que a tempada 2018-19 sería a súa derradeira tempada coma xogador profesional.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Arizona's Channing Frye and Salim Stoudamire Selected in 2005 NBA Draft". ArizonaWildcats.com. 5 de xullo de 2005. Consultado o 18 de febreiro de 2016. 
  2. Stein, Marc (29 de xuño de 2007). "Randolph heading to Knicks, Francis shipped to Blazers in draft-day trade". ESPN.com. Consultado o 13 de novembro de 2015. 
  3. Swiat, Stefan (14 de xullo de 2009). "Frye Returns Home to Play for Suns". NBA.com. Consultado o 15 de xullo de 2009. 
  4. Coro, Paul (31 de xaneiro de 2010). "Suns' Channing Frye selected for 3-point shootout". Archive.azcentral.com. Consultado o 13 de novembro de 2015. 
  5. "Suns Re-Sign Channing Frye". NBA.com. 8 de xullo de 2010. Consultado o 13 de novembro de 2015. 
  6. "Orlando Magic Sign Channing Frye". NBA.com. 14 de xullo de 2014. Consultado o 13 de novembro de 2015. 
  7. "Cavaliers Acquire Channing Frye". NBA.com. 18 de febreiro de 2016. Consultado o 18 de febreiro de 2016. 
  8. "Lakers Acquire Isaiah Thomas, Channing Frye in Trade with Cleveland". NBA.com. 8 de febreiro de 2018. Consultado o 8 de febreiro de 2018. 
  9. "Cavaliers Sign Channing Frye". NBA.com. 19 de xullo de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2018. 
  10. "Frye to retire at end of Cavaliers' season". ESPN.com. 1 de marzo de 2019. Consultado o 2 de marzo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]