Arquieparquía católica ucraína de Ivano-Frankivsk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A arquieparquía de Ivano-Frankivsk é unha sé metropolitana da Igrexa católica bizantina ucraína. En 2016 tiña 574.853 bautizados sobre unha poboación total de 765.121 habitantes.

Territorio[editar | editar a fonte]

A arquieparquía abrangue oito distritos na parte setentrional da rexión de Ivano-Frankivsk, en Ucraína. A sé arquiepiscopal é a cidade de Ivano-Frankivsk (Stanislaviv até 1962), onde está a catedral da Resurrección. O territorio está dividido en 391 parroquias.

Historia[editar | editar a fonte]

A eparquía de Stanislaviv foi erixida o 26 de marzo de 1885 en territorios da arquieparquía de Lviv. O seminario diocesano, dedicado a san Xosafat foi creado o 13 de setembro de 1893.

O 5 de xuño de 1930 cedeu parte do seu territorio para o estabelecemento da eparquía de Maramureș. O 20 de abril de 1993 cedeu parte do seu territorio para o estabelecemento da eparquía de Kolomyia-Chernivtsi.

O 27 de xuño de 2001 foron beatificados os seus bispos Hryhorii Khomyshyn, Ivan Sleziuk e Symeon Lukach.

O 21 de novembro de 2011 a eparquía foi elevada ao rango de arquieparquía metropolitana.

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Bispos de Stanislaviv
Bispos de Ivano-Frankivsk
Arcebispos de Ivano-Frankivsk

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]