Saltar ao contido

Senado de Polonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Senado de Polonia
Imaxe do escudo de armas
Logotipo
Imaxe do interior
Representación esquemática
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Nome orixinal
Senat Rzeczypospolitej Polskiej (pl) Editar o valor en Wikidata
 Número de escanos
100 Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
1989 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Xurisdición
 País
Identificadores
VIAF166942912 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02chny Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: SenatRP Twitter: PolskiSenat Youtube: UCQN_0-_3vSySNyF4uDa4Zbw Flickr: 129923270@N07 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Senat é o nome da cámara alta (senado) do parlamento polaco. No Senat hai 100 membros electos por voto universal, directo e secreto nunha mesma votación que se realiza como máximo cada 4 anos, e sempre coincidindo co proceso electoral no que se escollen os representantes da cámara baixa (Sejm). Correspóndelle ao presidente de Polonia a convocatoria dos comicios.

A sede do Senado está en Varsovia a carón do Sejm, na rúa Wiejska. Ao presidente desta cámara coñésceselle polo título de "Marechal do Senado" (Marszalek Senatu). Hoxe ocupa esa cadeira Bogdan Borusewicz.

Sesión do Senado polaco na cidade de Jasna Góra en 1661.

A institución senatorial polaca remóntase a hai máis de 500 anos, e existiu unha organización bicameral do estado sen interrupción até o definitivo desmembramento de Polonia, coa Terceira Partilla do país en 1795.

Recuperado coa reintrauración da República no período de entreguerras, o Senat foi novamente abolido polas autoridades da República Popular de Polonia, e reestablecido de volta coa chegada da democracia no 1989.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]