Symeon Lukach
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xullo de 1893 Ivano-Frankivsk, Ucraína (pt) |
Morte | 28 de agosto de 1964 (71 anos) Ivano-Frankivsk, Ucraína (pt) |
Causa da morte | tuberculose |
Bispo auxiliar | |
abril de 1945 – | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica bizantina ucraína |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1945–), sacerdote católico (1919–) |
Consagración | Hryhorii Khomyshyn |
Enaltecemento | |
| |
Día de festividade relixiosa | 28 de xuño |
Symeon Lukach (en ucraíno: Симеон Лукач), nado o 7 de xullo de 1893 e finado o 22 de agosto de 1964, foi un bispo grecocatólico ucraíno, finado como mártir e beatificado por Xoán Paulo II en 2001.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Lukach naceu na vila de Starunia, na rexión de Stanislaviv. Os seus pais eran granxeiros. Entrou no seminario en 1913, mais a primeira guerra mundial interrompeu os seus estudos durante dous anos. Finalizounos en 1919, cando foi ordenado sacerdote por Hryhorii Khomyshyn. Posteriormente deu clases de Teoloxía moral no seminario de Stanislaviv até abril de 1945, cando Khomyshyn consagrouno bispo en segredo.
O 26 de outubro de 1949 foi arrestado por vez primeira polo NKVD e deportado a Siberia para dez anos de traballos forzados. Logo de cumprir a metade da condena, foi liberado o 11 de febreiro de 1955. Continuou a exercer o seu ministerio de xeito clandestino, e en xullo de 1962 foi novamente arrestado. Foi xulgado canda a Ivan Sleziuk, tamén bispo na clandestinidade, e foi sentenciado a cinco anos máis de prisión. Na cadea contraíu tuberculose, e foi liberado e enviado á súa vila natal, onde finou o 22 de agosto de 1964.
O papa Xoán Paulo II beatificouno o 27 de xuño de 2001 na súa visita pastoral a Ucraína, xunto a Mykolai Charnetskyi e compañeiros mártires.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Os outros mártires da Igrexa Católica Ucraína beatificados canda el foron: os bispos Yosafat Kotsylovskyi, Hryhorii Khomyshyn, Vasyl Velychkovskyi, Ivan Sleziuk, Nykyta Budka e Hryhorii Lakota; os presbíteros Mykola Konrad, Andrii Ishchak, Roman Lysko, Mykola Tsehelskyi, Petro Verhun e Oleksii Zarytskyi; os relixiosos Yakym Senkivskyi, Severiian Baranyk, Zenon Kovalyk, Vitalii Bairak e Ivan Ziatyk; as relixiosas Tarsykiia Matskiv, Olimpiia Bida e Lavrentiia Harasymiv; e o laico Volodymyr Pryima. Tamén foron beatificados os bispos grecocatólicos rusos Leonid Fedorov e Klymentii Sheptytskyi; e o bispo ruteno Teodor Romzha.