Vasyl Velychkovskyi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Василь Величковський
(Vasyl Velychkovskyi)
Bispo da Igrexa Católica Bizantina Ucraína
Biografía
Nacemento1 de xuño de 1903 en Stanislau, Austria-Hungría
Pasamento30 de xuño de 1973 en Winnipeg, Canadá
Ordes
Ordenación sacerdotal9 de outubro de 1925, por Yosyf Botsian
Consagración episcopal4 de febreiro de 1963, por Yosyf Slipyi
Bispo auxiliar de Lviv
1959 - 1973
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Vasyl Velychkovskyi[1] (en ucraíno: Василь Величковський), nado en Stanislau (Austria-Hungría) o 1 de xuño de 1903[2] e finado en Winnipeg o 30 de xuño de 1973,[2] foi un eclesiástico católico ucraíno, bispo auxiliar de Lviv entre 1959 e 1973, beatificado en 2001 por Xoán Paulo II.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O 29 de agosto de 1925 profesou na Congregación do Santísimo Redentor,[2] e o 9 de outubro foi ordenado sacerdote da mesma polo auxiliar de Lviv Yosyf Botsian. En 1942 chegou a ser abade do mosteiro de Ternopil, mais o NKVD arrestouno en 1945.[2] Foi condenado a morte, mais a súa sentenza foi trocada por 10 anos de traballos forzados.[2]

O 4 de febreiro de 1963 o metropolita Yosyf Slipyi, antes de ser expulsado do país polos soviéticos, ordenouno nun hotel de Moscova bispo auxiliar e locum tenens de Lviv.[2] En 1969 foi arrestado novamente, e permaneceu na cadea até a súa liberación e expulsión do país en 1972.[2] Finou en Winnipeg o 30 de xuño de 1973.[2]

Culto[editar | editar a fonte]

Foi beatificado polo papa Xoán Paulo II o 27 de xuño de 2001 na súa viaxe a Ucraína. A súa festa celébrase o 27 de xuño, xunto a Mykolai Charnetskyi e 24 compañeiros.[3]

Trinta anos logo do seu pasamento, o seu corpo foi achado case incorrupto. Os seus restos descansan na igrexa ucraína de San Xosé, en Winnipeg.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tamén citado como Vasyl Vsevolod Velychkovsky e Wasyl Wełyczkowski.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Paul Burns, ed. (2001). Butler's Saints of the Third Millennium: Butler's Lives of the Saints: Supplementary Volume (en inglés). A&C Black. p. 81. ISBN 9780860123828. 
  3. Burns (ed.) (2001), pp. 74-82.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Kavats, Kseniya (2014). The Arrest and Imprisonment of Bishop Vasyl' Velychkovs'kyi, 1945-1955 (en inglés). ProQuest Dissertations Publishing. ISBN 978-0-499-26224-0. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]