Tarsykiia Matskiv

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTarsykiia Matskiv

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de marzo de 1919 Editar o valor em Wikidata
Khodoriv (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte18 de xullo de 1944 Editar o valor em Wikidata (25 anos)
Chervonohrad Editar o valor em Wikidata
Causa da morteFerida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaKhodoriv (pt) Traducir (2007–)
Cemitério Lychakiv (pt) Traducir, поле 21 49°49′55″N 24°03′22″L / 49.8319, 24.0562 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Nacional de Ucraína Occidental
República Popular de Ucraína
Segunda República Polaca Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonxa Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa18 de xullo Editar o valor em Wikidata

Tarsykiia Matskiv (ucraíno: Тарсикія Мацьків), nada como Olha Matskiv (en ucraíno: Ольга Мацьків) o 23 de marzo de 1919 en Khodoriv e finada o 17 de xullo de 1944 en Krystynopil, foi unha monxa e mártir greco-católica ucraína.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entrou na Congregación das Servas de María Inmaculada o 3 de maio de 1938, facendo os primeiros votos o 5 de novembro de 1940. Xa antes da chegada do Exército Vermello fixera a promesa ante o seu director espiritual Volodymyr Kovalyk de dar a súa vida pola conversión de Rusia e pola Igrexa católica.

O 17 de xullo de 1944, arredor das oito da mañá, un soldado ruso chamou á porta do convento. Cando Matskiv atendeu a porta, recibiu disparos e finou. Posteriormente se soubo que dispararon contra ela simplemente "porque era unha monxa".

Culto[editar | editar a fonte]

O papa Xoán Paulo II beatificouna o 27 de xuño de 2001 na súa visita pastoral a Ucraína, xunto a Mykolai Charnetskyi e compañeiros mártires.[1] A súa festa individual celébrase o 18 de xullo, día no que o Martiroloxio Romano a lembra do seguinte xeito:

Na vila de Krystynopil en Ucraína, beata Tarsicia (Olga) Matskiv, virxe da Congregación de Irmás Servas de María Inmaculada e mártir, que, en tempo de guerra, por ter defendido a fe ante os seus perseguidores conseguiu a dobre vitoria da virxindade e do martirio.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Os outros mártires da Igrexa católica ucraína beatificados canda ela foron: os bispos Yosafat Kotsylovskyi, Hryhorii Khomyshyn, Vasyl Velychkovskyi, Ivan Sleziuk, Nykyta Budka, Symeon Lukach e Hryhorii Lakota; os presbíteros Mykola Konrad, Andrii Ishchak, Roman Lysko, Mykola Tsehelskyi, Petro Verhun e Oleksii Zarytskyi; os relixiosos Yakym Senkivskyi, Severiian Baranyk, Zenon Kovalyk, Vitalii Bairak e Ivan Ziatyk; as relixiosas Olimpiia Bida e Lavrentiia Harasymiv; e o laico Volodymyr Pryima. Tamén foron beatificados os bispos grecocatólicos rusos Leonid Fedorov e Klymentii Sheptytskyi; e o bispo ruteno Teodor Romzha.
  2. Calvi, Stefano; Istituto San Clemente I Papa e Martire (eds.). "Martirologio Romano". Vatican.va (en italiano). Consultado o 04/10/2018. Nel villaggio di Krystonopil in Ucraina, beata Tarcisia (Olga) Mackiv, vergine della Congregazione delle Suore Ancelle di Maria Immacolata e martire, che, in tempo di guerra, per avere difeso la fede davanti ai suoi persecutori conseguì la duplice vittoria della verginità e del martirio. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]