Lago Niassa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O lago Niassa visto desde o espazo

O Lago Niassa (tamén coñecido como Lago Malawi ou Nyasa, en kiSwahili) é un dos Grandes Lagos Africanos e está localizado no Val do Rift, entre o Malawi, a Tanzania e Mozambique. Cunha orientación norte-sur, o lago ten 560 km de ancho, 80 km de largura máxima e 700 m de profundidade.

É o único lago no mundo que conforma unha rexión bioxeográfica específica, con preto de 400 especies de ciclídeos descritas endémicas (arredor do 30% de todos os cicleos coñecidos no mundo) e probabelmente quedan aínda moitas por descubir. Estímase que ten unha idade entre un e dous millóns de anos. Unha vez que se encontra nunha rexión tropical e ser moito profundo, o lago está permanentemente estratificado, cun epilimnio mais quente sobre un hipolímnio mais frio. O nivel da auga varía coas estacións do ano e ten ainda un ciclo de longa duración, cos niveis mais altos en anos recentes, desde que existen rexistros.

Na lingua chiNyanja, falada na orla mozambicana do lago, niassa significa lago - tal como o propio nome do pobo que usa aquela lingua, os Nyanja, significa pobo do lago. En chiChewa, unha das linguas do Malawi, a palabra malawi significa o nacer do sol, visto que, estando a occidente do lago, é desa forma que os malauianos do sur ven nacer o día sobre o lago.

O Parque Nacional do Lago Malawi, no sur do Malawi, abranxendo a extremidade sur do lago, unha ducia de illas, unha rexión de reserva forestal e unha zona acuática até 100 m da costa foi inscrito pola UNESCO en 1984 na lista dos lugares que son Patrimonio da Humanidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]