Gran Lago do Oso
| (mis) Sahtú | |||||
| Tipo | lago | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Parte de | Tsá Tué Biosphere Reserve (en) | ||||
| Localización | |||||
| División administrativa | Territorios do Noroeste, Canadá | ||||
| |||||
| Composto por | |||||
| Afluentes | Haldane ,Whitefish ,Johnny Hoe River (en) | ||||
| Efluente do lago | Great Bear | ||||
| Conca hidrográfica | conca fluvial do río Mackenzie | ||||
| Características | |||||
| Altitude | 155 m | ||||
| Profundidade | 446 m | ||||
| Dimensións | 200 ( | ||||
| Superficie | 31.153 km² | ||||
| Superficie da cunca hidrográfica | 114.717 km² | ||||
| Lugar histórico nacional do Canadá | |||||
| Saoyú-ʔehdacho (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | |||||
| Data | 22 de setembro de 1997 | ||||
| Identificador | 1795 | ||||
| Categoría VI da UICN: área protexida con uso sostible dos recursos naturais | |||||
| World Database on Protected Areas | |||||
| Identificador | |||||
| Medicións | |||||
| Volume físico | 2.236.000 hm³ | ||||
O Gran Lago do Oso (en inglés: Great Bear Lake, en slave Sahtú, en francés: Grand lac de l'Ours) é un lago do bosque boreal canadense. É o cuarto lago máis grande de Norteamérica e o oitavo do mundo. O lago está nos Territorios do Noroeste, sobre o círculo polar ártico entre os paralelos 65 e 67 latitude norte e os meridianos 118 e 123 lonxitude oeste.[1][2]
O nome orixinouse da palabra chipewyan satudene, que significa "pobo da auga do oso grizzly". O pobo sahtu dene recibe o nome do lago, e o nome da Grizzly Bear Mountain na beira do lago tamén é chipewyan, e significa "outeiro do grande oso".[3][4]
A península Sahoyue (Grizzly Bear Mountain) no sur do lago e a península Edacho (Scented Grass Hills) no oeste forman o Lugar Histórico Nacional Canadense de Saoyú-ʔehdacho.[5][6]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O lago ten unha superficie de 31 153 km² e un volume de 2236 km³. O Gran Lago do Oso está cuberto de xeo dende finais de novembro a xullo.[2]
O lago é coñecido pola súa considerable claridade. O explorador John Franklin escribiu en 1828 que un pano branco situado na auga non desaparecía ata unha profundidade de quince brazas.[7]>
Galería
[editar | editar a fonte]- Ruínas de Fort Confidence na foz do río Dease en 1911
- Comunidade de Deline sobre o lago
- Grizzly Bear Mountain
- Gran Lago do Oso. Sobre el vense restos do fume de incendios forestais
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Johnson, L. (1975). Physical and chemical characteristics of Great Bear Lake. J. Fish. Res. Board Can. 32. pp. 1971–1987. doi:10.1139/f75-234. citado en Great Bear Lake Arquivado 05 de xuño de 2011 en Wayback Machine. (World Lakes Database)
- 1 2 Hebert, Paul (2007). "Great Bear Lake, Northwest Territories". Encyclopedia of Earth. Washington, DC: Environmental Information Coalition, National Council for Science and the Environment. Consultado o 2007-12-07.
- ↑ Johnson, L. The Great Bear Lake: Its Place in History Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. Calgary, Alberta: Arctic Institute of North America (AINA) database at the University of Calgary. pp. 236-237. Consultado o 30 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Natural Resources Canada-Canadian Geographical Names (Grizzly Bear Mountain)". Consultado o 20 de decembro de 2014.
- ↑ "Saoyú-ʔehdacho National Historic Site of Canada". Consultado o 20 de decembro de 2014.
- ↑ "Northwest Territories Protected Areas Strategy (Saoyú-ʔehdacho)". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2016. Consultado o 20 de decembro de 2014.
- ↑ Franklin, John (1828). Narrative of a Second Expedition to the Shores of the Polar Sea. Carey, Lea, and Carey. p. 264.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Lago do Oso |
| A Galipedia ten un portal sobre: Canadá |

