Club Athlétique Brive-Corrèze
Nome | Club Athlétique Brive-Corrèze Limousin | |||
---|---|---|---|---|
Fundación | 1913 | |||
Sede | Brive-la-Gaillarde, Francia | |||
Estadio(s) | Stade Amédée-Domenech | |||
Capacidade | 15.000 espectadores | |||
Presidente | Jean Jacques Bertrand | |||
Adestrador | Nicolas Godignon | |||
Capitán | Arnaud Méla | |||
Liga(s) | Top 14 | |||
2015-16 | - | |||
| ||||
Na rede | ||||
http://www.cabrive-rugby.com/ | ||||
O Club Athlétique Brive-Corrèze Limousin é un club francés de rugby fundado en 1904 na cidade de Brive-la-Gaillarde no departamento de Corrèze na rexión de Lemosín. As súas cores son o negro e a branco e xogan os seus partidos coma local no estadio Stade Amédée-Domenech, cunha capacidade para 15.000 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado o 12 de outubro de 1912. Antes da segunda guerra mundial, o Brieve cambiou de rugby union a rugby league, mais volveu á rugby union despois da Guerra.
Xoga normalmente na Primeira División do rugby francés, e se converteu no club de rugby máis forte da rexión de Lemosín, mais durante moitos anos, o seu único título foi un trofeo da Segunda División acadado en 1957. O Brieve nuncha chegou á final do Campionato francés de rugby ata 1965. O 23 de maio xogaron a súa primeira final fronte ao SU Agen no Stade de Gerland, en Lión perdendoa por 15-8. A seguinte vez que o Brive chegou á final foi en 1972, onde se enfrontaron ao AS Béziers o 21 de maio, novamente en Lión, e novamente perderon, desta vez por 9-0. Na final de 1975 se enfrontaron novamente ao AS Béziers, daquela o Béziers se convertera no equipo imbatible da década, e novamente Brieve perdeu pola mínima 13-12 no Parc des Princes, en París.
O Brive experimentou un rexurdimento a mediados dos '90, primeiro en 1996, cando chegaron novamente á final dende mediados dos '70 en París. Novamente perdeu, desta vez fronte ao Stade Toulousain por 20-13, no que foi a súa cuarta final perdida. Só outros dous clubs teñen máis finais perdidas que o Brieve, o ASM Clermont Auvergne con 9 e o Union Sportive Daquoise con 5. Ese mesmo ano gañaron o Challenge Yves du Manoir, derrotando ao Pau por 12-6.
Na tempada 1997, chegou ata a final da Heineken Cup na que se enfrontaron ao Leicester Tigers de Inglaterra no Cardiff Arms Park. O Brive finalmente gañou unha final, gañando aos Tigers 28-9. É polo tanto un dos dous únicos equipos campións da Copa de Europa que nunca gañaron a competición doméstica xunto a Northampton Saints.
O 22 de febreiro de 1997, o Brive, en calidade de campión europeo, enfrontouse aos Auckland Blues que gañara o Super 12, perdendo por 47-11.
En 1998, o Brive chegou novamente á final da Heineken Cup, desta vez fronte ao Bath, perdendo fronte no Parc Lescure de Bordeos por 19-18.
No 2000, o equipo descendeu á Rugby Pro D2, volvendo á máxima categoría en 2003, mais dende o ascenso unicamente se clasificou para os playoffs en 2004.
Na tempada 2011-12 perdeu a máxima categoría, descendendo ó Pro D2, a segunda división francesa.
Resultados das finais
[editar | editar a fonte]Campionato de Francia
[editar | editar a fonte]Data | Campión | Finalista | Resultado | Estadio | Espectadores |
23 de maio de 1965 | SU Agen | CA Brive | 15-8 | Stade de Gerland, Lión | 28.758 |
21 de maio de 1972 | AS Béziers | CA Brive | 9-0 | Stade de Gerland, Lión | 31.161 |
18 de maio de 1975 | AS Béziers | CA Brive | 13-12 | Parc des Princes, París | 39.991 |
1 de xuño de 1996 | Stade Toulousain | CA Brive | 20-13 | Parc des Princes, París | 48.162 |
Heineken Cup
[editar | editar a fonte]Data | Campión | Finalista | Resultado | Estadio | Espectadores |
25 de xaneiro de 1997 | CA Brive | Leicester Tigers | 28-9 | Arms Park, Cardiff | 41.664 |
31 de xaneiro de 1998 | Bath Rugby | CA Brive | 19-18 | Parc Lescure, Bordeos | 36.500 |
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Heineken Cup:
- Liga francesa:
- Copa de Francia:
- Segunda División Francesa :
- Campión: 1 1957
- Challenge Yves du Manoir:
- Campión: 1 1996