Copa de Europa de rugby 1998-1999

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A tempada 1998-1999 da Heineken Cup foi a 4ª edición da máxima competición continental do rugby europeo. 16 foron os equipos participantes nesta ocasión, divididos en 4 grupos de 4, para afrontar a primeira fase da competición, a fase de grupos. Tralas 6 xornadas correspondentes a esta primeira fase, os 2 primeiros de cada grupo disputaron os cuartos de final a partidos único, as semifinais e a final.

Nesta 4ª edición do torneo participaron 5 equipos franceses, 4 galeses, 3 irlandeses, 2 italianos e 2 escoceses. Como na edición 1995/96, as disputas entre a RFU e a European Rugby provocaron que os equipos ingleses non participasen en ningunha competición europea. Pola súa parte, Cardiff RFC e Swansea RFC tampouco participaron nesta edición do torneo polas súas disputas coa federación galesa de rugby.

Fase de grupos[editar | editar a fonte]

Playoffs[editar | editar a fonte]

Os 2 primeiros equipos de cada grupo clasificáronse para cuartos de final, nos que os primeiros de grupo xogaron como locais fronte ós segundos de grupo. As semifinais xogáronse tamén no campo dos mellores clasificados na fase de grupos. A final xogouse o 30 de xaneiro do 1999 no estadio Lansdowne Road de Dublín diante de 49.000 persoas. Ulster Rugby coroóse como cuarto Campión de Europa.

  Cuartos de Final Semifinais Final
                           
  1  Ulster 15  
1  Toulouse 13  
  5  Ulster 33  
  5  Stade Français 27  
2  Stade Français 71
  2  Pontypridd 14  
    7  ULSTER 21
  7  COLOMIERS 6
  3  Perpignan 34  
3  Llanelli 17  
  6  Colomiers 10
  6  Perpignan 6  
4  Colomiers 23
  4  Munster 9  

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Tempadas da Heineken Cup/Champions Cup
1995/96 - 1996/97 - 1997/98 - 1998/99 - 1999/00 - 2000/01 - 2001/02 - 2002/03 - 2003/04 - 2004/05 - 2005/06 - 2006/07 - 2007/08 - 2008/09 - 2009/10 - 2010/11 - 2011/12 - 2012/13 - 2013/14 - 2014/15 - 2015/16 - 2016/17 - 2017/18 - 2018/19