Copa de Europa de rugby 2003-2004

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A tempada 2003-2004 da Heineken Cup foi a 9ª edición da máxima competición continental do rugby europeo. Nesta edición houbo de novo 24 equipos participantes, divididos en 6 grupos de 4, para afrontar a primeira fase da competición, a fase de grupos. Tralas 6 xornadas correspondentes a esta primeira fase, os primeiros de cada grupo e os 2 mellores segundos clasificáronse para disputar os cuartos de final, a partido único, as semifinais e a final.

Nesta 9ª edición do torneo participaron 6 equipos franceses, 6 ingleses, 5 galeses, 3 irlandeses, 2 italianos e 2 escoceses, exactamente igual que na tempada 2002/03. Os 5 equipos galeses participantes foron por primeira vez os novos equipos provinciais profesionais, que substituíron nas competicións continentais e na liga celta ós clubs tradicionais da liga galesa.

Resultados[editar | editar a fonte]

Fase de grupos[editar | editar a fonte]

Playoffs[editar | editar a fonte]

Os 6 equipos que remataron primeiros nos seus grupos clasificáronse para os cuartos de final, ademais dos 2 equipos que remataron na segunda posición con máis puntos. Os equipos que xogaron como locais foron os que máis puntos conseguiron, ou en caso de empate aplicouse o criterio de máis ensaios a prol ou maior diferenza entre puntos anotados e encaixados. Nas semifinais aplicouse o mesmo criterio para decidir que equipo xogaba como local. A final disputouse o 23 de maio do ano 2004 no Twickenham Stadium de Londres diante de 73.057 persoas. London Wasps coroouse por primeira vez como Campión de Europa.

  Cuartos de Final Semifinais Final
                           
  1  Llanelli 10  
1  Biarritz 27  
  5  Toulouse 19  
  5  Biarritz 11  
2  Toulouse 36
  2  Edinburgh 10  
    7  LONDON WASPS 27
  7  TOULOUSE 20
  3  Munster 37  
3  Stade Français 32  
  6  Munster 32
  6  London Wasps 37  
4  London Wasps 34
  4  Gloucester 3  

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Tempadas da Heineken Cup
1995/96 - 1996/97 - 1997/98 - 1998/99 - 1999/00 - 2000/01 - 2001/02 - 2002/03 - 2003/04 - 2004/05 - 2005/06 - 2006/07 - 2007/08 - 2008/09 - 2009/10 - 2010/11 - 2011/12 - 2012/13