Saltar ao contido

Galegos nos Xogos Olímpicos de 2024

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A piragüista Teresa Portela disputará os seus sétimos Xogos Olímpicos.

Nos Xogos Olímpicos de 2024 en París participarán máis de 20 deportistas galegos.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

A maior participación de galegos nunhas olimpíadas deuse en Toquio 2020, cun total de 21 deportistas. Anteriormente a maior marca compartíana os Barcelona 92 e Sydney 2000, con 17 deportistas en ambas as convocatorias. En Toquio 2020 conseguíronse tamén os mellores resultados do olimpismo galego, cunha colleita de seis medallas (superando as catro de Londres 2012) e nove diplomas olímpicos.

Lista de participantes[editar | editar a fonte]

A seguinte táboa amosa a lista dos deportistas galegos que participarán nas diversas probas da cita olímpica de París:

Deporte Deportista Proba Resultado
Atletismo Adrián Ben 800 metros
Ana Peleteiro Triplo salto feminino
Antía Chamosa 20 km marcha
Belén Toimil Lanzamento de peso
Ester Navarrete Maratón feminino
Tariku Novales Maratón masculino
Yulenmis Aguilar Lanzamento de xavelina
Baloncesto María Araújo Torneo feminino
Paula Ginzo
Balonmán Alicia Fernández Torneo feminino
Pedro Rodríguez Torneo masculino
Rodrigo Corrales
Boxeo Enmanuel Reyes -91 kg (pesos pesados)
Fútbol Teresa Abelleira Torneo feminino
Monopatinaxe Julia Benedetti Parque
Piragüismo Antía Jácome C-1 200 m feminino
C-2 500 m feminino
Carlos Arévalo K-2 500 m masculino
K-4 500 m masculino
Carolina García K-4 500 m feminino
Diego Domínguez C-2 500 m masculino
Luis Fernández C-1 slálom
Pablo Crespo C-1 1000 m masculino
Rodrigo Germade K-4 500 m masculino
K-2 500 m masculino
Teresa Portela K-4 500 m feminino
Remo Caetano Horta Dobre scull lixeiro
Rodrigo Conde Dobre scull
Tríatlon Antonio Serrat Proba masculina
Vela Támara Echegoyen 49er FX


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]