Diploma olímpico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Un diploma olímpico é un certificado en papel outorgado aos oito primeiros clasificados nas competicións dos Xogos Olímpicos.[1] Mentres que os tres primeiros clasificados reciben medallas dende os Xogos Olímpicos de 1896, os diplomas establecéronse en 1949 para premiar aos atletas que ocupasen o cuarto, quinto e sexto posto. En 1981 engadíronse diplomas para os que rematasen sétimos e oitavos.[2]

O diploma está inscrito e asinado por autopen coas sinaturas do presidente do Comité Olímpico Internacional e o xefe do comité organizador de cada Olimpíada.[2] O deseño do diploma, do mesmo xeito que o deseño das medallas olímpicas, debe ser aprobado polo COI.[3]

Un atleta que reciba un diploma e, posteriormente, sexa sancionado por infraccións do Código Ético do COI, o Código Mundial Antidopaxe ou doutras regulacións, deberá devolver o diploma ao COI.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "What do winners at the Olympic Games receive?". Comité Olímpico Internacional (en inglés). Consultado o 31 de xullo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 "The Games’ Unfamiliar Honor (Even Among Its Recipients)". The New York Times (en inglés). 17 de febreiro de 2014. Consultado o 31 de xullo de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "Carta olímpica" (PDF). olympic.org (en castelán). Consultado o 31 de xullo de 2021.