Alicia Fernández Fraga
(2016) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 21 de decembro de 1992 Valdoviño | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 173 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | balonmanista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | balonmán | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Lateral dereita | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 25 de xullo de 2021 | Handebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Feminino (pt) |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||

Alicia Fernández Fraga, nada o 21 de decembro de 1992 en Valdoviño, é unha xogadora de balonmán galega, que xoga no CS Rapid București de Romanía e na selección española.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao balonmán aos 8 anos no CB Narón, e aos 15 marchou a Sagunto, onde ingresou no BM Sagunto. Con 17 anos debutou na División de Honra e en 2012 regresou a Galicia, fichando polo BM Porriño, onde militou dous anos.[3]
Despois de pasar polo Aula Cultural de Valladolid, recalou en 2015 no Bera Bera. Xogou dúas tempadas no equipo donostiarra, gañando unha liga, unha Copa da Raíña e unha Supercopa.
En 2017 deu un xiro á súa carreira, marchando a Romanía, onde fichou polo Râmnicu Vâlcea da cidade homónima.[4] Con este club xogou catro tempadas, gañando unha liga romanesa e sendo elixida en 2019 mellor estranxeira da liga.[5] En abril de 2021 fichou polo CS Rapid București da capital romanesa.[6] Con este club conquistou a liga romanesa na tempada 2021/22 e obtivo dous subcampionatos nas seguintes dúas campañas, xogando ademais de xeito habitual na Liga de Campións.
Selección española
[editar | editar a fonte]Foi internacional coa selección española dende as categorías inferiores e o 30 de maio de 2018 debutou coa selección absoluta, nun encontro fronte a Turquía.[7] Só unhas semanas despois conseguiu a medalla de ouro nos Xogos Mediterráneos, despois de derrotar a Montenegro nunha final na que foi a máxima goleadora do equipo, con 8 tantos.[8] A finais de ano disputou o Campionato de Europa en Francia, e ao ano seguinte o Campionato Mundial no Xapón, onde conseguiu a medalla de prata despois de perder na final contra os Países Baixos.[9]
En 2021 disputou os Xogos Olímpicos de Toquio,[10] onde o equipo español non puido pasar da fase de grupos, despois de obter dúas vitorias e tres derrotas.[11] Tamén en 2021 disputou o seu segundo Campionato do Mundo, rematando na cuarta posición.
En 2022 disputou o Campionato de Europa que se celebrou entre Eslovenia, Macedonia do Norte e Montenegro, pero nun partido da primeira fase ante Alemaña, sufriu a rotura do menisco interno do xeonllo esquerdo, o que a afastou do terreo de xogo no que restaba do torneo e durante os seguintes meses.[12] En 2023 participou sen éxito no Campionato do Mundo en Escandinavia.
En París 2024 participou nos seus segundos Xogos Olímpicos, aínda que o equipo español foi a gran decepción do torneo, ao non conseguir sumar nin un só punto.[13][14] Sumou unha nova decepción no seu cuarto Campionato do Mundo, en 2025, onde a selección española quedou eliminada tras unha derrota ante Alemaña.[15]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Bera Bera
- División de Honra (1): 2015/16.
- Copa da Raíña (1): 2015/16.
- Supercopa de España (1): 2015/16.
- SCM Râmnicu Vâlcea
- Liga Națională (1): 2018/19.
- Supercopa de Romanía (1): 2017/18.
- Rapid București
- Liga Națională (1): 2021/22.
- Selección española
- Xogos Mediterráneos (1): 2018.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ eurohandball.com (ed.). "Perfil de Alicia Fernández Fraga". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2018. Consultado o 25 de setembro de 2018.
- ↑ coe.es (ed.). "Perfil de Alicia Fernández Fraga". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 25 de setembro de 2018.
- ↑ Casanova, Jorge (27 de decembro de 2019). "Alicia Fernández: «Aún estamos en una nube»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 26 de xullo de 2021.
- ↑ hcmrmvl.ro (ed.). "Perfil de Alicia Fernández Fraga". Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2018. Consultado o 25 de setembro de 2018.
- ↑ "Premii pentru Crina Pintea și Mihai Popescu » Federația Română de Handbal a desemnat cei mai buni handbaliști ai anului" (en romanés). 9 de xaneiro de 2020. Consultado o 26 de xullo de 2021.
- ↑ "La valdoviñesa Alicia Fernández ficha por el Rapid de Bucarest". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de abril de 2021. Consultado o 26 de xullo de 2021.
- ↑ "Alicia Fernández será una “guerrera” ante Rumanía". Diario de Ferrol (en castelán). 2 de marzo de 2017. Consultado o 26 de xullo de 2021.
- ↑ "Las Guerreras, reinas del Mediterráneo" (en castelán). 30 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xullo de 2021.
- ↑ Calonge, Lorenzo (16 de decembro de 2019). "Una plata para rebobinar". El País (en castelán). Consultado o 26 de xullo de 2021.
- ↑ "Alicia Fernández, convocada coa selección para os xogos olímpicos". CRTVG. 3 de xuño de 2021. Consultado o 26 de xullo de 2021.
- ↑ "Alicia Fernández: "Lo dejamos todo en la pista, pero no pudo ser"". Mundo Deportivo (en castelán). 2 de agosto de 2021. Consultado o 3 de agosto de 2021.
- ↑ "La gallega Alicia Fernández se rompe el menisco y se perderá lo que queda de Europeo". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de novembro de 2022. Consultado o 11 de abril de 2025.
- ↑ "La lesionada Alicia Fernández, entre las 'Guerreras' de Ambros Martín para Paris 2024" (en castelán). 11 de xullo de 2024. Consultado o 11 de abril de 2025.
- ↑ "Las 'Guerreras' sufren 'la maldición del pivote' y culminan su decepción olímpica en París 2024". Televisión Española (en castelán). 30 de xullo de 2024. Consultado o 11 de abril de 2025.
- ↑ "Las Guerreras caen ante Alemania (25-29) y se despiden del Mundial" (en castelán). 9 de decembro de 2025. Consultado o 11 de xaneiro de 2026.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil de Alicia Fernández Fraga na páxina do SCM Râmnicu Vâlcea (en romanés).
- Datos de Alicia Fernández Arquivado 26 de agosto de 2021 en Wayback Machine. no sitio web oficial do Comité Olímpico Español (en castelán).
- Datos de Alicia Fernández no sitio web oficial da Federación Europea de Balonmán (en castelán).