Antía Chamosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntía Chamosa
Biografía
Nacemento7 de outubro de 1999 Editar o valor em Wikidata (24 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportiva20 quilómetros marcha (pt) Traducir
35 kilometres race walk (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

IAAF: 14526967 Editar o valor em Wikidata

Antía Chamosa Dacasa, nada en Pontevedra o 7 de outubro de 1999, é unha atleta galega que compite en marcha. Foi campioa de España nos 10.000 metros marcha en 2020 e gañou unha medalla de bronce no Campionato de Europa Sub-23 de Atletismo de 2021, na proba de 20 km marcha.

É irmá do tamén atleta Daniel Chamosa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa andaina no atletismo no Club Atletismo Cuntis, practicando marcha, e aos 9 proclamouse por primeira vez campioa galega, en categoría benxamín, na proba de 1 km marcha.[1] Continuou sumando títulos galegos durante os seguintes anos en todas as categorías inferiores e en 2013 gañou catro medallas de ouro nos campionatos de España de categoría cadete, ao se proclamar campioa dos 3 e dos 5 km, tanto en ruta como en pista ao aire libre.[2]

En 2014, con só 15 anos, proclamouse por primeira vez campioa galega absoluta nos 5.000 m marcha en pista,[3] nun ano no que sumou outros tres ouros nacionais en categoría cadete, así como unha prata.[4] Durante os anos seguintes foi varias veces campioa galega absoluta e acumulou medallas nas categorías inferiores dos campionatos de España, ao tempo que competía internacionalmente.[5]

En 2020, xa como membro da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, coroouse en Madrid como campioa de España absoluta, cun tempo de 48'35''20, superando a Ainhoa Pinedo e Marina Sillero.[6][7] En febreiro de 2021 bateu o récord de España sub-23 dos 35 km marcha, e ao mes seguinte proclamouse campioa de España sub-23 dos 20 km.[8][9] O 23 de abril, na localidade eslovaca de Dudince, bateu o récord galego absoluto dos 35 km, cun tempo de 2h53'18'', o mesmo día no que o seu irmán Daniel facía o mesmo en categoría masculina.[10] En xullo participou no Campionato de Europa sub-23 en Talín, onde se fixo coa medalla de bronce, por detrás da turca Meryem Bekmez e da francesa Pauline Stey.[11]

En xullo de 2023 obtivo a medalla de prata en 10.000 metros marcha no Campionato de España celebrado en Torrent, sendo superada só por María Pérez.[12] Ámbalas dúas foron as atletas seleccionadas pola Federación Española para participar na proba de 20 km marcha do Campionato do Mundo de 2023 en Budapest.[13] Condicionada pola calor e a humidade, pechou a súa primeira participación nun Mundial absoluto co 29º posto, cun tempo de 1h:34':20''.[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Campioanto Galego Cadete Criterium Galego Benxamin, Alevín e Infantil" (PDF). Federación Galega de Atletismo. Consultado o 2 de agosto de 2022. 
  2. "Tempada 2013" (PDF). Federación Galega de Atletismo. Consultado o 2 de agosto de 2022. 
  3. "CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN PISTA 2014" (PDF). Federación Galega de Atletismo. Consultado o 2 de agosto de 2022. 
  4. "Tempada 2014" (PDF). Federación Galega de Atletismo. Consultado o 2 de agosto de 2022. 
  5. "Resultados internacionais de Antía Chamosa" (PDF). Federación Galega de Atletismo. Consultado o 2 de agosto de 2022. 
  6. "Campionato de España de Atletismo 2020". Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Consultado o 2 de agosto de 2022. 
  7. "Oros para Belén Toimil y Antía Chamosa en el Campeonato de España de atletismo". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de setembro de 2020. Consultado o 2 de agosto de 2022. 
  8. "Antía Chamosa: “Cando mirei a marca, non o podía crer!”". 15 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de agosto de 2022. 
  9. "Antía Chamosa, chica de oro". Diario de Pontevedra (en castelán). 15 de marzo de 2021. Consultado o 2 de agosto de 2022. 
  10. "Doble mínima mundial en Dudince" (en castelán). Consultado o 2 de agosto de 2022. 
  11. "Antía Chamosa, bronce en el Europeo sub 23". Faro de Vigo (en castelán). 10 de xullo de 2021. Consultado o 2 de agosto de 2022. 
  12. "Chamosa se cuelga la plata en el Campeonato de España de Atletismo en 10.000 metros marcha" (en castelán). 20 de agosto de 2023. Consultado o 20 de agosto de 2023. 
  13. "María Pérez y Álvaro Martín lideran el equipo español para el Mundial de marcha". Marca (en castelán). 6 de xuño de 2023. Consultado o 20 de agosto de 2023. 
  14. "Antía Chamosa finaliza 29 no Mundial de 20 quilómetros marcha: "Xa era un premio estar aquí"". Pontevedra Viva. 20 de agosto de 2023. Consultado o 20 de agosto de 2023.